Novas
Campamento de NadalCampamento destinado a nenas e nenos de 3 a 14 anos, desde o día 26 de decembro ao 5 de xaneiro, de luns a venres, de 9:30 a 14:00 horas. Prezo, 30 €, nen@s empadroad@s subvención de 15 €.
Máis información tel. 981 793 001, inscricións no formulario https://forms.gle/8dJyrfgp44JYMXr89.
25NHoxe os traballadores e traballadoras do Concello e a veciñanza de Irixoa reuníuse para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Moitas graza a todos/as participantes.
ITV MAQUINARIA AGRÍCOLA. DATAS CORRECTASA empresa encargada de realizar a inspección de maquinaria agrícola comunicou novas datas asignadas a este concello. Ampliase un día, polo que as datas serán:
26, 27, 28 e 29 de decembro, en horario de maña, de 9:00 a 13:30 horas, e de tarde de 15:15 a 18:00 horas (agás o venres 29 que non abrirá pola tarde).
Cita previa no tél. 902 30 90 00 ou na web www.sycitv.com
Bando correcto
25N Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres25N Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres
O Concello de Irixoa súmase o movemento de repulsa contra as violencias exercidas contra as mulleres. Este xoves, 23 de Novembro ás 12 horas, levarase a cabo unha concentración diante do Concello onde os veciños e veciñas poderán demostrar o seu apoio e solidariedade ás vítimas así como o seu rexeitamento ante estes actos de violencia.
Nas dependencias de Servizos Sociais do Concello de Irixoa haberá unha pancarta onde todos e todas os participantes poidan deixar os seus mensaxes de apoio e rexeitamento dende o día 23 ao 30 de Novembro.
Entregarase material conmemorativo a todos/ as participantes.
ITV maquinaria agricolaOs días 27, 28 e 29 de decembro estarán no campo da Feira de Chao da Viña a unidade móbil para a inspección de maquinaria agrícola. As persoas interesadas terán que pedir cita previa no tel. 902309000 ou na web www.sycitv.com
Bando ITV
Excursión iluminacion navideña VigoExcursión a Vigo para ver a iluminación navideña o día 2 de decembro, saída desde o Concello ás 11:00 horas. Prezo de 40 €, as persoas empadroadas terán unha subvención de 20 € polo que terían que pagar 20 €. Inclúe comida, transporte e guía. Máis información e inscrición ata o día 29 de novembro, tél. 981 7930 01.
CAMAPAÑA NEVE 2024A Deputación da Coruña pon en marcha a campaña neve para o 2023 na estación de Valgrande-Pajares destinada a rapaces/zas de 12 a 15 anos. O Concello de Irixoa ten adxudicadas 3 prazas. Os participantes desfrutarán de 4 días con aloxamento e manutención, nun albergue a pé de pista, contarán con cursos de esquí e actividades complementarias na estación. Cada participante abonará unha cota de inscrición de 85€. O prazo de inscricións esta aberto ata o 1 de decembro mais información no telf. 981 793 001
Cartel
Folla de inscrición
Cesión de composteiros 2023O Concello convoca a solicitude de cesión de composteiros a veciñanza para unha mellora da recollida de lixo.
As persoas interesadas poderán solicitar un composteiro desde o día 2 ao día 22 de novembro, ambos incluídos.
Analizadas e valoradas as solicitudes procederase posteriormente ao reparto de composteiros.
Os veciños que xa teñan recibido ou solicitado un composteiro noutras convocatorias non poderán reiterar a solicitude.
Máis información e solicitudes na casa do Concello ou no tel. 981 793 001.
Forumulario de solicitude participación
Bando
VI CONCURSO DE POSTAIS DE NADALÁbrese o prazo para participar no VI Concurso de postais de Nadal. O prazo de presentación de postais será do 6 ao 24 de novembro, no Concello de Irixoa de 9:00 a 14:00 horas, o por correo postal (xunto co formulario) a Concello de Irixoa, Pazo de Irixoa, 6, 15313, Irixoa.
Haberá 3 categorías:
de 3 a 5 anos.
de 6 a 8 anos.
de 9 a 12 anos.
Haberá un premio de un vale regalo de 70 € en cada categoría.
Máis información TEL. 981 793 001, www.irixoa.es.
Forumulario de solicitude participación
Bases VI Concurso de postais de Nadal
Reunión Espazo das familias-Preescolar na casaReunións Espazos da Familias
Espazos das familias, antigo Preescolar na casa, e un espazo de encontro semanal para nais e pais con crianzas menores de tres anos para debatir sobre eucación, e compartir tempos e espazos lúdicos cos/cas fillos/fillas.
Se queres participar faremos unha reunión de presentación na Biblioteca Pública Municipal o día 9 de outubro ás 17:30 horas.
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42