Novas

25N Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres

25N Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres

O Concello de Irixoa súmase o movemento de repulsa contra as violencias exercidas contra as mulleres. Este luns, 25 de Novembro ás 12 horas, levarase a cabo unha concentración no Concello onde os veciños e veciñas poderán demostrar o seu apoio e solidariedade ás vítimas así como o seu rexeitamento ante estes actos de violencia. Nas dependencias de Servizos Sociais do Concello de Irixoa haberá unha pancarta onde todos e todas os participantes poidan deixar os seus mensaxes de apoio e rexeitamento dende o día 258 ao 30 de Novembro. Entregarase material conmemorativo a todos/ as participantes.

 
CITAS PREVIAS SERVIZOS DE URBANISMO E CATASTRO

Xa se pode solicitar cita previa preferentemente por vía telefónica (981 79 30 01) ou presencial para este novo sistema de consultas nos servizos de Urbanismo e Catastro que entrará en vigor o día 2-12-2024.

Servizo CATASTRO: todos os Mércores ademáis do 1º e 3º venres do mes Horario: de 10:00 a 13:00 horas.

Servizo URBANISMO: todos os Luns Horario: de 10:00 a 13:00 horas.

Bando citas

 
CAMPAMENTO DE NADAL 2024-2025

O Concello de Irixoa dentro do Plan corresponsables "Irixoa Concilia" oferta un campamento de Nadal no que @s participantes poderán realizar manualidades, xogos, ver actuacións teatrais e musicais, etc.

Público destinatario: nenas e nenos de 3 a 14 anos.

Do 23 de decembro ata o 3 de xaneiro, dias laborables de luns a venres.

Horario de 9:30 a 14:00 horas.

Lugar de realización: Polideportivo e biblioteca municipal.

Prezo: 30 €, empadroad@s en Irixoa 50% de desconto.

Incricións ata o dia 12 de decembro.

Formulario de google: https://forms.gle/m6wjoMXPUZjX2vm26.

Sede electrónica Irixoa: Servizos Sociais:Inscrición en actividades de conciliación.

Máis información: tél. 981 793 001.

 
CAMPAÑA NEVE 2025

A Deputación da Coruña, pon en marcha a campaña de esquí para o ano 2025 na estación de Valgrande-Pajares destinada a nen@s de 11 a 15 anos O Concello de Irixoa ten adxudicadas 3 prazas, na primeira quenda que será dos días 10 ao 13 de xaneiro de 2025. Os participantes desfrutarán de 4 días con aloxamento e manutención, nun albergue a pé de pista, contarán con cursos de esquí e actividades complementarias na estación. Cada participante abonará unha cota de inscrición de 85€. O prazo de inscricións esta aberto ata o 2 de decembro mais información no telf. 981 793 001

Cartel

Folla de inscrición

 
VII concurso de Postais de Nadal

Está aberto o prazo, desde o día 4 ao 22 de novembro, para participar no VII Concurso de postais de Nadal que organiza o Concello de Irixoa:

Hai 4 categorías:

De 3 a 5 anos

De 6 a 8 anos

De 9 a 10 anos

De 11 a 13 anos

O/a gañador/a de cada categoría recibirá como premio un vale regalo por valor de 70 €.

As postais poderán entegrarse, xunto co formulario de solicitude, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas nas oficinas municipais, ou enviarse por correo a Concello de Irixoa, Pazo de Irixoa, 6A, 15313, Irixoa, A Coruña.

Maís información tel 981 793 001.

Bases concurso Postais

Solicitude

 
POS+ 2024

Investimentos e gastos financiados no POS+ no ano 2024 pola Deputación de A Coruña.

(+ Información )

POS + 2024

 
OBRADOIRO FORESTAL LAMBRE-MANDEO 2024

Publícanse as bases para a selección do alumnado traballador/a e do persoal do próximo obradoiro dual de emprego OBRADOIRO FORESTAL LAMBRE-MANDEO 2024.

Descargar bases

 
CHARLA E OBRADOIRO SOBRE A COMPOSTAXE DOMÉSTICA

O día 30 de setembro ás 20:00 horas realizarase no Polideportivo municipal unha Charla e obradoiro sobre compostaxe doméstica dirixido a todas aquelas persoas interesadas na compostaxe e con interese por avanzar cara unha xestión responsable dos seus residuos orgánicos. Entregara de composteiros ás persoas asistentes.

 
DÍA DA BICI 2024

Como cada outubro volve o día da bici este ano o día 5 , no que realizaremos un percorrido por diferentes parroquias de Irixoa. A hora de saída será as 16h diante do concello. As inscricións estan abertas ata o 27 de setembro. Prazas limitadas, terán preferencia os empadroad@s. + inf no Concello ou no telf. 981 793 001

Folla de inscrición

 
ACTIVIDADES MUNICIPAIS CURSO 2024-2025

Retomamos as actividades municipais para este curso. O prazo de inscrición estará aberto ata o 27 de setembro. Para a inscrición haberá que entregar unha solicitude da que se adxunta un modelo no rexistro xeral do concello. Mais información na casa do concello ou no tel. 981 793 001

Folla de inscrición

Tríptico

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25   26   27   28   29   30   31   32   33   34   35   36   37   38   39   40   41   42   43   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor