Novas
Visita os xardíns do Pazo de MeirásVisita os xardíns do Pazo de Meirás
O día 5 de novembro visitaremos os xardíns do Pazo de Meirás. Visita guiada de balde. Saída dende o concello ás 9.15 en autobús. Inscricións no teléfono 981 793 001 ou nos Servizos Sociais municipais.
cartel visita Pazo de Meirás
ADMITIDOS E EXCLUIDOS PERSOAL OBRADOIROCon data 18 de outubro, o Concello de Aranga publicou a listaxe de candidatos admitidos e excluidos ao proceso de selección do equipo directivo, docente e de apoio do obradoiro de emprego “Actividades de conservación e mellora forestal 2021”.
Complementariamente, publícase tamén na web do Concello de Irixoa para maior difusión e coñecemento das persoas interesadas no proceso de selección.
LISTAXE ADMITIDOS-EXCLUIDOS
ORDE DO DÍA DO PLENO ORDINARIO DO 29/09/20211. Aprobación da acta da sesión anterior do 30/07/2021
2. Moción do GRUPO MUNICIPAL POPULAR contra a inclusión do lobo no listado de especies protexidas
3. Moción do GRUPO MUNICIPAL POPULAR sobre medidas para a rebaixa do prezo da luz
4. Moción do GRUPO MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE sobre mellora da cobertura de telefonía móbil e televisión
5. Moción do GRUPO MUNICIPAL POPULAR sobre medidas para facilitar a cobertura de persoal médico na atención primaria
6. Mocións de urxencia
7. Rogos
8. Preguntas
Reunións "Encontro coas Familias" antigo Preescolar na casa"Encontro coas familias"
O vindeiro día 7 de outubro ás 11:30 horas realizaremos na Biblioteca Municipal de Irixoa a primeira reunión do programa "Encontro coas familias" (antigo preescolar na casa), realizado pola Fundación Antonio Gandoy e coa colaboración do Concello de Irixoa cedendo o espazo e financiando parte do custe da actividade.
Espazos das familias é un espazo de encontro semanal para pais e nais con crianzas menores de 3 anos para reflexionar e debatir sobre educación, e compartir tempos e espazos lúdicos coas/cos fillas/fillos. Máis información tel. 981 793 001.
Cartel informativo
PLAN DE EMERXENCIA ANTE A SECA: PARTICIPACIÓN CIDADÁInvitamos a colaborar na elaboración do PLAN MUNICIPAL DE EMERXENCIA E XESTIÓN DO RISCO DE SECA do Concello de Irixoa.
Este PLAN comprenderá as accións a desenvolver en caso de que se produzan situacións de escaseza de auga e a participación de todas as partes implicadas é importante para determinar as mellores solucións para cada escenario.
A seca é un fenómeno global que se produce cando a dispoñibilidade da auga é menor do habitual.
O obxecto do plan de seca é servir coma ferramenta que complemente a planificación estatal e autonómica na materia a unha escala de detalle centrada no termo municipal para que dende unha perspectiva de xestión preventiva se mellore o sistema de abastecemento, se determine a vulnerabilidade deste e se minimicen os efectos negativos que poidan producir os escenarios de seca, nun contexto de cambio climático.
O plan de seca servirá tamén para abordar aqueles aspectos da xestión ordinaria que servirán para anticipar as posibles continxencias cun traballo de prevención e adaptación en períodos de normalidade climática.
Co obxecto de ofrecer a posibilidade de consultar e aportar suxerencias para a redacción final deste plan, está previsto realizar uns talleres participativos destinados á poboación en xeral, asociacións, empresas e explotacións agrícolas e gandeiras que desenvolvan a sua actividade ou teñan residencia no termo municipal.
Se estás interesad@ na participación, envíanos un correo co teu nome e teléfono de contacto a correo@irixoa.es antes do 8 de outubro de 2021.
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41