Novas

Reis 2026

O día 5 de xaneiro as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente achegaranse ao Polideportivo Municipal de Irixoa.

A partir das 16:30 os nenos e as nenas poderán agardar a súa chegada con inchables, obradoiros, xogos...

 
Concesión de subvención destinada á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, en data 28/10/2025, aproba ao Concello de Irixoa a concesión dunha axuda, solicitada segundo a Orde de convocatoria, do 13 de agosto de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021 - 2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025.

Esta axuda esta cofinanciada nun 60% pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021 – 2027, dentro do Obxectivo político 4 “Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais”, Prioridade 5 “Emprego xuvenil”, Obxectivo específico ES04.1. “Mellorar o acceso ao emprego e a medidas de activación de todas as persoas demandantes de emprego, e en particular das persoas mozas, especialmente a través da aplicación da Garantía Xuvenil, dos desempregados de longa duración e os grupos desfavorecidos no mercado laboral, e das persoas inactivas, así como mediante a promoción do emprego por conta propia e a economía social”, e Medida 5.A.02. “Facilitar a mellora da empregabilidade das persoas mozas desempregadas”.

O Concello contratará un peón forestal con cargo a devandita subvención e consonte coa seguinte desagregación:

Número de Traballadores: 1

PEÓN FORESTAL CNO 9543

Duración do contrato (meses): 9 meses

Xornada laboral (%): 100

O obxectivo principal é mellorar a inserción laboral das persoas mozas participantes, e máis en concreto:

1.- Desenvolver as capacidades técnicas coas que contan nun entorno laboral real.

2.- Adquirir as habilidades necesarias para desenvolverse con solvencia nun entorno laboral real: a comunicación, o traballo en equipo, a intelixencia emocional, a resolución de problemas e a adaptabilidade.

3.- Construír unha carreira profesional que lles permita adquirir autosuficiencia económica.

Os resultados que se pretenden alcanzar co desenvolvemento deste programa, son entre outros:

a) Impulsar accións que axuden a reducir o desemprego xuvenil, mellorando as taxas actuais.

b) Aumentar as oportunidades dos mozos e mozas no mercado laboral a través do coñecemento adquirido no emprego, mellorando a súa empregabilidade.

c) Axudar a encontrar una oferta de emprego tras acabar os seus estudos ou quedar desempregados/as.

 
Gañadorxs VIII Concurso de postais de Nadal

O pasado día 4 de decembro o tribunal designado para elexir as postais gañadores do VIII concurso de postais de Nadal convocado polo Concello de Irixoa elexiu gañadoras as seguintes postais: Categoría de 3 a 5 anos: Samuel Vázquez Martínez, 3 anos. Categoría de 5 a 8 anos: Hugo Barallobre Pérez, 6 anos. Categoría de 9 a 11 anos: Valentina Vázquez Martínez, 9 anos. Categoría de 12 a 14 anos: Emma Pérez López, 13 anos. Noraboa a todxs xs premiadxs.!!!!

Acta

 
Campamento de Nadal

O Concello de Irixoa oferta dentro do Plan Corresponsables (Irixoa concilia), subvencionado polo Ministerio de Igualdade, a través da Consellería de Politica Social e Igualdade, un espazo de coidado de menores de 3 a 15 anos coa contratación de profesionais do sector dos coidados, no polideportivo e Biblioteca Municipal.

Neste espazo de conciliación os/as menores realizarán actividades deportivas, lúdicas, educativas, sempre cun enfoque igualitario.

Haberá ademáis actuacións teatrais, musicais financiadas dentro da Rede Cultural que promociona a Deputación Provincial da Coruña, as que poderán asistir tamén as familias.

O Campamento de nadal será desde o día 22 de decembro ao día 5 de xaneiro, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas.

De acordo coa ordenanza reguladora do prezo público pola prestación de actividades, deportivas, culturais e outas actividades de carácter puntual (publicada no BOP nº 182 de mércores 24 de setembro de 2025), o campamento tera un:

Prezo: 20 € nen@s empadroad@s/10 € a semana.

60 € nen@s non empadroad@s/30 € a semana.

As familias con dificultades económicas, renda baixa,etc. poderán solicitar a exención ou distintas bonifcacións dependendo da súa situación. Terán que solicitalo e achegar a documenación que acredite a súa situación.

Prazo de inscrición ata o día 12 de decembro.

 
Concentración 25N

Concentración 25N

Agradecemos a participación de toda a veciñanza que se acercou ata o Concello este 25N e secundou a iniciativa municipal. Moitas grazas a todos / as.

 
25 N Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres

25 N

O Concello de Irixoa súmase o movemento de repulsa contra as violencias exercidas contra as mulleres. Este martes, 25 de Novembro ás 12 horas, levarase a cabo unha lectura do manifesto no Concello onde os veciños e veciñas poderán demostrar o seu apoio e solidariedade ás vítimas así como o seu rexeitamento ante estes actos de violencia.

 
VIII CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Categorías:

3-5 anos 6-8 anos

9-11 anos 12-14 anos

Premio de vale regalo de 70 € en cada categoría.

Poderán participar menores ata 14 anos, empadroad@s no Concello de Irixoa.

A postal/postais levará na parte traseira un título e a idade do/a participante, se introducirán nun sobre que levará o nome e apelidos e idade do neno/nena na solapa. Entregarase xunto co formulario de solicitude.

Correo ordinario a:

Concello de Irixoa

Pazo de Irixoa, 6A

15313 Irixoa (A Coruña)

ou presencialmente nas oficinas xerais do Concello de Irixoa de 9:00 a 14:00 horas.

Prazo de entrega de postais ata o día 28 de novembro.

Bases

Solicitude de participación

 
POS + AD1

Investimentos e gastos financiados no POS+ pola Deputación de A Coruña.

(+ Información )

Financiamento

 
Experiencias interculturais e interxeracionais das mulleres no rural

Experiencias interculturais e interxeracionais das mulleres no rural

Xornada para compartir saberes, experiencias e fortalezas, celebrando o papel das mulleres na construcción de comunidades rurais. Nesta xuntanza contaremos coa participación de lideresas comunitarias de Guatemala e El Salvador. Acto organizado por Arquitectura Sen Fronteiras. Actividade aberta a toda a veciñanza. Xoves 20 de Novembro ás 16.30 horas Biblioteca Municipal de Irixoa

cartel

 
Datas Inspección Maquinaria Agrícola unidade móbil 2025

A empresa Supervisión y Control S.A comunica os horarios e días asignados a este concello no ano 2025 para a inspección de maquinaria agricola que serán: 17,18,19,20,21,22,23 - 29,30 de decembro Horario: Mañá: 9:00 a 13:30 Tarde: 15:15 a 18:00 horas (o venres día 19 non abrirá pola tarde) Cita previa no teléfono 981 92 80 80 ou na web: www.sycitv.com A unidade móbil estará ubicada no Campo da Feira en Chao da Viña.

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25   26   27   28   29   30   31   32   33   34   35   36   37   38   39   40   41   42   43   44   45   46   47   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor