CONTRATACIÓN DE 6 PEÓNS DE OBRAS (Programa PIL-PEL-CONCELLOS REACTIVA 2021)Por acordo da Xunta de Goberno Local do 26/03/2021 aprobáronse as bases de contratación laboral temporal de 6 peóns de obras polo sistema de concurso de méritos.
A duración dos contratos será de 6 meses a tempo parcial (30 horas semanas).
Calquera persoa desempregada inscrita e residente no municipio poderá presentar instancia nos Rexistros do Concello para poder optar a esta oferta.
O prazo para a presentación de instancias é do 15 ao 21 de abril de 2021, ambos inclusive.
Instancia peóns
Bases peóns