Novas
                         
LIBERDADE DE SER E SENTIR (3)Liberdade de Ser e Sentir 
Recomendacións  para o día de hoxe dentro do marco de Liberdade de Ser e Sentir
 material didáctico: https://youtu.be/cYIJ2m8WsZo, Un Mundo DiversX
material audiovisual, película: Call me by your name. Luca Guadagnino 
libro infantil:Aitor tiene dos mamás. María José Mendieta, Mabel Piérola 
  
LIBERDADE DE SER E SENTIR (2)Liberdade de Ser e Sentir 
Recomendacións  na conmemoración do día da Diversidade Sexual, 28 de xuño (2).
 - Pílulas informativas: https://youtu.be/GnMZ2KuOLV8
- Contacontos: https://youtu.be/6OMXNReHSy4
- Recomendación  literaria, literatura adulta: 10 Ingobernables: Historias de transgresión y rebeldía. June Fernández Casete.
  
LIBERDADE DE SER E SENTIR Liberdade de Ser e Sentir 
O 28 de Xuño conmemórase o “Día da diversidade sexual”.
Dende a Diputación da Coruña impúlsase  una campaña de sensibilización da que  Irixoa, como concello comprometido coa diversidade, forma parte.
O longo destes días publicaranse na nosa web diversos recursos, videos, referencias literarias, pílulas informativas ,etc, co gallo de visibilizar a importancia da tolerancia e igualdade entre as persoas.
Podes pasarte polo Concello a recoller material promocional, pulseiras e adhesivos, para sumarte a campaña de sensibilización.
Atopa toda a información que poida interesarte na  dirección web www.seresentir.gal 
  
Bono Concilia 2021Aberta a convocatoria para a solicitude do Bono Concilia para o curso 2021/22
O día 17 de xuño  publicouse  no DOG a  Orde do 4 de xuño de 2021 pola que se regulan as axudas económicas para a atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos a través do programa Bono concilia  para o curso 2021/22.
O prazo para a súa solicitude será de un mes  a partir do día seguinte a súa publicación. 
Extracto publicación Bono Concilia 
  
LUMEIRADAS SAN XOAN E SAN PEDROEstá aberto o prazo para comunicar a celebración de fogueiras para a noite do 23 de xuño (San Xoan) ou para a noite do 28 de xuño (San Pedro).
 
As persoas interesadas deberán de cumplimentar e asinar unha declaración responsable no modelo facilitado polo concello, xunto cunha copia do DNI e un plano catastral no que se marcará a situación exacta da fogueira. 
A presentación da declaración responsable farase no Rexistro xeral do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres. 
Tamén se poderá presentar a través da sede electrónica utilizando o Trámite de Solicitude Xeral e anexando o modelo de declaración responsable cumplimentado.
A sede electrónica está en funcionamento as 24 horas do día. 
A data límite de presentación é 
22 de xuño ás 13:00 para a luminaria de San Xoán
26 de xuño ás 13:00 para a luminaria de San Pedro
Declaración Responsable
  
   
  VOLUNTARIADO XUVENIL IRIXOASe tes entre 16 e 30 anos e queres ser voluntario/a no Campamento de verán que organiza o Concello de Irixoa, tes ata o día 18 de xuño para anotarte.
Máis información e inscricións no tel. 981 793 001.
  
CAMPAMENTO 2021Aberto ata o día 18 de xuño o prazo para preinscribirse na 1ª quenda do Campamento de verán.
O campamento realizarase de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas, coas seguintes quendas: do 5 ao 16 de xullo, do 19 ao 30 de xullo, do 2 ao 13 de agosto, do 16 ao 27 de agosto, un prezo de 20 € con distintos descontos, e do   30 de agosto ao 3 de setembro un prezo de 10 €.
Formulario de inscrición: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScM0dWuZhzcqBAM8ZkH-sOAx9WMxIC4FruD0jr1AB_1pd1Uzw/viewform?usp=sf_link
Cartel
  
 
 
Página  
1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25   26   27   28   29   30   31   32   33   34   35   36   37   38   39   40   41   42   43   44   45   46