Novas
POSIBLES CORTES DE AUGAA alcaldia pide a veciñanza que faga un consumo de auga responsable xa que este episodio de seca está afectando moi negativamente aos mananciais que surten aos abastecementos municipais.
Si a veciñanza non colabora e manten os consumos excesivos, o Concello estudará realizar cortes do suministro desde o día 15 de agosto, que en principio serán de 12 horas.
Non están autorizados os usos de rega e de enchido de piscinas, as sancións por infraccións neste tema poden ir desde 50 a 1.000 €.
O Concello agarda a colaboración de toda a veciñanza para evitar medidas drásticas de reducción ou restrincións de auga á poboación.
OBRADOIROS PARA MELLORA DA CALIDADE DA VIDA DAS PERSOASDesde o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Irixoa e a través da FUNDACIÓN MUJERES vanse impartir dous talleres co fin de mellorar a calidade de vida das persoas e en especial de aquelas que estén a cargo de persoas enfermas.
Impartiranse todos os mércores do mes de setembro e o primeiro mércores de outubro en horario de 10:00 a 12:00 h na Biblioteca Municipal
Podes anotarte en Servizos Sociais do Concello ou chamando ó 981793001
CURSO DE INCIACIÓN Á APICULTURAO concello de Irixoa organiza en colaboración coa Comunidade de Montes en man Común Monte do Raño e a apicola Penedo Redondo de Mántaras, un Curso de Iniciación á apicultura impartido pola Casa do Mel de Goente, As Pontes.
O curso impartirase no local do Carballo, Altos de Verís, os días 16, 17, 23 e 24 de xullo en horario de 09:00 a 14:00 horas e ten un prezo de 25 €. para as persoas empadroadas en Irixoa, e 50 € para as non empadroadas. Inscricións ata o día 8 de xullo, tel. 620349684.
VISITA CULTURAL A FERROL RUTA GUÍADA POLO CASCO HISTÓRICO + EXPOSICIÓN EN AFUNDACIÓN FERROL
O luns 20 de xuño imos de excursión a Ferrol! É de balde e as prazas son limitadas
Saímos ás 09:30 h do Centro de Saúde de Irixoa e volveremos sobre as 14:00 h
Inscríbete canto antes pasando por Servizos Sociais ou ben chamando ó Concello (981 793 001)
É unha saída cultural na que percorreremos parte do casco histórico da vila acompañados dunha guía que nos irá contando cousiñas interesantes. O percorrido é apto para todo o mundo e iremos facendo paradas, dura aproximadamente 1 hora e media.
Despois faremos un descanso antes de entrar na sede de Afundación Ferrol para visitar a mostra audiovisual INDÓMITAS que xira en torno a cinco mulleres do ámbito español, e sete do galego con historias moi diferentes tras de si: Paula Mouzo, percebeira de Camariñas; Laura Lorenzo, viticultora na Ribeira Sacra; Luisa Méndez, escaladora; Lula Goce, artista urbana e muralista; Tanxugueiras, grupo musical integrado por Sabela Maneiro, Olaia Maneiro e Aida Tarrío; Nuria Bravo, pilota de helicópteros; Rocío Antela, mineira e enxeñeira de minas; Teresa Bedman, exiptóloga; Almudena Bernabeu, avogada especializada en dereitos humanos; e Alicia Sornosa, primeira española que deu a volta ao mundo en moto en solitario. Todas elas representan modelos inspiradores en profesións e ámbitos tradicionalmente non conquistadas por mulleres.
Cartel
ACTIVIDADES DE VERÁN 200228 de xuño: Rafting
7 de xullo: aquapark
29 de xullo: multiaventura
3 de agosto: Tirolina Mera
12 de agosto: Peinbol
19 de agosto: cars
Máis información e Inscricións tél. 981 793 001.
Excursión á Ribeira Sacra LucenseDía: 10 de xullo de 2022
Visita a:
Mirador
Paseo en catamarán
Paseo en tren turístico polo viñedos
Visita a unha bodega con desgustación
Saída: 8:15 horas da Casa do Concello de Irixoa.
Prezo: 40 €
as persoas empadroadas en Irixoa subvención dun 50%, polo tanto 20 €.
Incluído: transporte, comida no restuarante a Cantina, menú: empanada, a elexir xarrete au año, postre, café, bebidas.
Terán preferencia as persoas empadroadas en Irixoa. As non empadroadas poderán ir se hai prazas libres.
Inscricións ata o día 1 de xullo. tel. 981 793 001.
RESERVA DE PRAZAS NA CASA DO NENO DE IRIXOAA casa do neno de Irixoa "Novo amencer" abre o prazo para a reserva de prazas para curso 2022-2023. A casa e un servizo particular para nenos e nenas de ata 3 anos empadroad@s en Irixoa. Tel. 699 549 483, Luz Trenco.
EXCURSIÓN A PORTUGAL (FEIRA DO CERDAL) E TUIDía: 12 de xuño de 2022
Visita a:
Feira mensual Cerdal (ValenÇa)
Catedral de Tui
Saída: 8:30 horas da Casa do Concello de Irixoa.
Prezo: 30 €
persoas empadroadas en Irixoa subvención dun 50%
Incluído: transporte, comida e entradas
Terán preferencia as persoas empadroadas en Irixoa. As non empadroadas poderán ir se hai prazas libres.
Inscricións ata o día 8 de xuño. tel. 981 793 001.
CAMPAMENTO VERÁN 2022
O concello de Irixoa organiza para o verán un Campamento dirixido a nenos e nenas de 3 a 14 anos, que se realizará no Polideportivo Municipal desde o día 27 de xuño ao 2 de setembro de 9:30 a 14:00 horas, de luns a venres.
Haberá saídas, xogos, maxia, musica, obradoiros...
Quendas:
1ª quenda: 27 de xuño ao 15 de xullo.
2ª quenda: 18 de xullo ao 9 de agosto.
3ª quenda: do 11 de agosto ao 2 de setembro.
Prezo: 34 € quenda
Descontos:
50% menores empadroados en Irixoa
Familia numerosa, monoparental, familias con un so membro traballando, familias cos dous proxenitores en desemprego...
Ata o día 10 de xuño está aberto o prazo para a preinscrición na 1ª quenda.Terán preferencia os nenos e as nenas empadroados/as en Irixoa. Máis información 981 79 30 01.
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43