O Padrón municipal é o rexistro administrativo onde constan os veciños do municipio. A súa formación, mantemento, revisión e custodia corresponde aos respectivos concellos e da súa actualización obtense a Revisión do Padrón municipal con referencia ao 1 de xaneiro de cada ano.
O trámite de alta no Padrón Municipal de Habitantes deben realizalo todas as persoas que teñan a sua residencia habitual en Irixoa.
Para darse de alta é necesario facelo presencialmente nas oficinas do concello achegando un documento acreditativo da identidade (DNI, tarxeta de residente, ou pasaporte). No caso de menores será necesario o Libro de Familia así como unha declaración responsable dos proxenitores.
Os certificados e volantes de empadroamento pódense solicitar tanto presencialmente como a través da sede electrónica do concello (hai que dispoñer de certificado electrónico ou DNI electrónico).
No caso dos volantes solicitados a través da sede, a súa expedición é inmediata.
Datos de poboación:
A cifra oficial según a revisión do padrón municipal a 1 de xaneiro de 2019 é de 1334 habitantes (663 homes e 671 mulleres).
O Instituto Galego de Estatística publica anualmente unha ficha municipal de datos demográficos e económicos.