Alcaldía

Benvidos /as á web oficial do concello de Irixoa
Hai uns anos iniciabamos a nosa andaina no mundo dixital. Pretendíamos daquela facer visible o noso concello noutros medios e noutras canles, dar información do que facemos, dos servizos que prestamos e tratar de ensinar ao mundo os lugares de interés de Irixoa.
Dende aqueles primeiros pasos as tecnoloxías da información e da comunicación experimentaron un cambio moi grande, tanto no nivel de contidos como no nivel de soportes a través dos que se visualizan.
Os dispositivos móviles teñen cada vez máis presenza na nosa actividade diaria, polo que o noso sitio web debe de saber adaptarse tamén a eles.
De forma paralela á nosa web, coa información sobre o concello, o seu goberno, os servizos municipais e outra información de interés, contamos cunha sede electrónica dende a que a cidadanía pode consultar a información sobre os distintos trámites, e incluso pode inicialos sen necesidade de desplazarse.
Irixoa cumpre así plenamente a Lei 11/2007 de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos, que establece o "dereito dos cidadáns a relacionarse coas Administracións públicas por medios electrónicos" e "a obrigación das Administracións Públicas de redeseñar os seus procedementos e dotarse dos medios técnicos necesarios para que o exercicio do novo dereito sexa plenamente efectivo".
Algúns dos departamentos municipais teñen presenza tamén nas redes sociais.
Confiamos en que tanto a información que damos como os servizos que prestamos poidan serlles de utilidade.
Un saúdo

Antonio Deibe Sanmartín, alcalde de Irixoa

Sede electrónica

 

Plan único Diputacion da Coruña

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor

 

SINAC

 

Novas