Orientación Laboral

Dende o Servizo de Información, Orientación Laboral e Prospección de Emprego,en colaboración coa Consellaría de Economía, Emprego e Industria, lévanse a cabo actuacións dirixidas a proporcionar ás persoas que o demanden, información, orientación e asesoramento para facilitarlles o seu desenrolo profesional e a súa inserción ou reinserción no mercado laboral.
Este servizo é aberto, voluntario e pretende ser lugar de referencia para desempregados, emprendedores, empresarios, traballadores, que demandan uns servizos públicos gratuitos de apoio e acompañamento, para acadar unha completa adaptación ó mundo laboral, sendo necesario pola evolución do mercado de traballo e o incremento do desemprego.

SERVIZOS
- Asesoramento persoalizado en técnicas de búsqueda de emprego (recursos a emplear, carta de presentación, elaboración de currículum vítae, para qué serve, consellos para facer un bo curriculum, pautas para a entrevista de selección, etc.).
- Información sobre itinerarios persoalizados de inserción laboral.
- Información sobre formación ocupacional, formación continua, formación reglada e formación complementaria privada.
- Información sobre becas, axudas, subvencións e contratos.
- Información sobre a situación do mercado laboral e sobre empresas de distintos sectores.
- Creación e xestión dunha bolsa de emprego do propio Concello: Recepción e difusión de ofertas de traballo , recepción de currículums.
- Execución de programas especiais para a inserción laboral de colectivos con dificultades: mulleres, discapacitados, parados de longa duración, mozos/as...
- Asesoramento sobre distintas ofertas de traballo e anuncios de ofertas

BOLSA DE EMPREGO:
Poden facer uso dela tanto as empresas e particulares que ofertan un posto de traballo, coma os demandantes de emprego.
Infórmase e invítase ós empresari@s, que teñan vacantes nas súa empresas, que remitan ás súas ofertas de emprego ó noso Departamento de Orientación Laboral, onde faremos unha selección dos currículums que temos na nosa base de datos e que mellor se adapten ás necesidades da empresa.
Todo esto de xeito gratuito e sen ningún tipo de compromiso de selección ou contratación.
Ademais, o departamento de Orientación Laboral do Concello de Irixoa, realiza unha labor de difusión das ofertas de emprego existentes na zona e alrededores, de axudas e subvencións, mediante un taboleiro de anuncios posto na planta baixa do propio Concello, a través desta páxina web, ou de xeito diario e continuo na súa propia páxina de facebook.

Cómo contactar:

Teléfono:
981 793 001

Correo electrónico:
orientación.laboral@irixoa.es

Facebook