CONTACTO
Biblioteca Municipal
Pazo de Irixoa, 14-A
15313 Irixoa (A Coruña)
Teléfonos: 981 793 064 - 981 793 001
Correo: cultura@irixoa.es
HORARIO
Luns a venres: 10:00 a 14:00 horas.
O Concello de Irixoa conta cunha biblioteca municipal na que se prestan diversos servizos culturais e de lecer como: salas de lectura, informática, internet Wifi, préstamo de libros, DVD, CD. A biblioteca municipal organíza diversas actividades para público infantil-xuvenil encadradas no programa Ler conta moito da Xunta de Galicia ou da Rede Cultural da Deputación da Coruña”.
Para poder acceder a este catálogo é necesario solicitar a través da biblioteca ou da súa web o novo carné, que será único e poderá ser utilizado en calquera das bibliotecas que están na Rede.
Con este novo carné poderase:
• Acceder aos servizos de calquera biblioteca integrada na Rede.
• Consulta do catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia a través da web: https://catalogo- rbgalicia. xunta. gal/
• Servizos online sen necesidade de desprazarse á biblioteca como poden ser solicitar o carné da rede, reservar de libros, renovación de préstamos ou cambio do contrasinal.
• Préstamo do libro dixital. Co usuario e contrasinal de acceso á Rede posibilítase o acceso á plataforma de préstamo electrónico GalicaLe: https://www.galiciale.gal/
Para poder formar parte desta Rede, só tes que achegarche á biblioteca.
Que ofrece a Biblioteca?
• Préstamo de documentos. Para utilizar este servizo debes ter o carné de persoa socia da biblioteca. Se es menor de 14 anos a solicitude debe ir asinada polo pai/nai ou titor/a
• Reserva de documentos. É un servizo dirixido sobre todo a xestionar de forma máis eficaz as lecturas obrigatorias e as novidades literarias.
• Promoción á lectura. A biblioteca no seu esforzo para promocionar a lectura entre os cidadáns organiza actividades dirixidas sobre todo ao público infantil.
O persoal bibliotecario oriéntache e informa sobre a procura e recuperación de información ademais de axudarche no uso dos servizos bibliotecarios.