Servizos Sociais

Ubicación Departamento Servizos sociais:Primeira planta do Concello.
Atención ao público: de luns a venres polas mañáns.

¿Qué son os Servizos sociais de atención primaria?

Os servizos sociais enmárcanse dentro da política xeral de desenvolvemento do Benestar social, configurándose como un sistema público que oferta protección social e contribúe a satisfacer as necesidades básicas dos cidadáns.

Desde o Concello de Irixoa, a atención primaria é o eixo fundamental, que se configura no primeiro nivel de atención ás necesidades sociais, constituíndo a "porta de entrada" ao Sistema.
O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Irixoa é o encargado de prestar apoio e axuda ás situacións de necesidade social dos cidadáns deste municipio. Está dirixido a toda a poboación

Dentro dos Servizos Sociais de Atención Primaria existen diferentes áreas de actuación como poden ser: Persoas Maiores, Muller, Familia, Menores, Discapacitados…

Cómo contactar:

Teléfono:
981 793 001

Correo electrónico:
servizos.sociais@irixoa.es