Pleno

O Pleno é o máximo órgano de representación da cidadanía. Está formado polos concelleiros elixidos nas eleccións municipais. No caso de Irixoa son nove.
O Pleno está presidido polo alcalde, asistido do secretario-interventor municipal.
Entre as súas función destacan, entre outras, a de control e fiscalización dos demáis órganos do concello, a aprobación e modificación das ordenanzas e reglamentos municipais, a aprobación do planeamento urbanístico, aprobación da plantilla de persoal e da relación de postos de traballo, … Algunhas destas competencias poden ser delegadas noutos órganos municipais (Alcalde ou Xunta de Goberno Local).
As sesión do Pleno son públicas.
As sesión ordinarias convócanse para os últimos mércores dos meses de marzo, xuño, setembro e decembro. Se o día fixado coincidira en festivo, a sesión trasladarase o 2º día hábil anterior.