Descrición

SITUACIÓN E COMUNICACIÓNS

Irixoa é un municipio pertencente á comarca de Betanzos, provincia da Coruña. Limita ao norte cos municipios de Miño, Vilarmaior e Monfero, ao leste con Monfero e Aranga, ao sur con Aranga e Coirós; e ao oeste co municipio de Paderne.

De oeste a leste atravesan a estrada comarcal AC-640 de Betanzos a Viveiro, e a autonómica AC-151 de Montesalgueiro a Pontedeume. Ambas as dúas crúzanse na parroquia de Irixoa, donde se atopa a capital municipal, a 14 quilómetros de Betanzos e a 25 de Pontedeume.

Atópase nunha zona de transición entre a meseta lucense e as comarcas costeiras de As Mariñas e Ferrolterra. Dúas vías de comunicación de relativa importancia atravesan o termo municipal.

Constitúe unha zona de val – montaña. A parte máis oriental, prolongación da Serra da Loba, presenta as máximas alturas: Pico de Vales (702 m) e Monte Vila (684 m). No medio deles nace o río Zarzo, afluente do Mandeo.

A zona occidental manifesta un perfil máis suave e por ela transcorre o Lambre, río que desemboca na Ponte do Porco.