Deporte

O servizo municipal de deportes de Irixoa ten como obxetivo principal o achegamento da actividade física a toda a poboación. Plantexamos diferentes actividades pensando que o deporte debe ser un servizo público e asequible a todas as persoas. Coa nosa oferta pretendemos crear un hábito de práctica deportiva que beneficie a os nosos vecinos.

As escolas deportivas municipais son unha parte importante no noso organigrama xa que pretenten iniciar aos rapaces no deporte inculcándolles os valores do mesmo dende unha perspertiva saudable.

O Concello conta cun complexo deportivo onde se desenvolven a maioría das nosas actividades, formado por un pavillón, un ximnasio e un campo de fútbol, dúas pistas polideportivas descubertas e varios parques biosaudables situados nas parroquias de Ambroa, Irixoa, Mántaras e Verís. Tamén contamos cunha rede de sendeiros que percorren o noso concello.

O ano pasado asinamos un convenio de colaboración co Concello de Monfero que nos permite o uso da piscina municipal ampliando así a nosa oferta deportiva abarcando actividades acuáticas, tales como iniciación a natación para nen@s e actividades acuáticas para maiores.

Persoal técnico deportivo subvencionado pola Deputación da Coruña
Convocatoria do programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para o mantemento ou contratación de persoal técnico nos servizos municipais de deporte en 2022