A Xunta de Goberno Local está integrada polo alcalde e tres concelleiros.
Corresponde á Xunta de Goberno Local:
A asistencia ao alcalde no exercicio das súas atribucións
As atribucións que o alcalde ou outro órgano municipal lle delegue ou lle atribúan as leis.
As sesións ordinarias convócanse para os últimos venres de todos os meses, salvo que o día fixado coincidira en festivo. En tal caso trasladaríase ao venres seguinte en que non concorra tal circunstancia.
En Irixoa, a Xunta de Goberno Local está formada polos seguintes membros:
Alcalde: Antonio Deibe Sanmartín
1º Tenente de alcaldía: José Ángel Roca Díaz
2º Tenente de alcaldía: José Otero López
3º Tenente de Alcaldía: Juán Manuel Freire Golpe