Bono Concilia 2021Aberta a convocatoria para a solicitude do Bono Concilia para o curso 2021/22
O día 17 de xuño publicouse no DOG a Orde do 4 de xuño de 2021 pola que se regulan as axudas económicas para a atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos a través do programa Bono concilia para o curso 2021/22.
O prazo para a súa solicitude será de un mes a partir do día seguinte a súa publicación.
Extracto publicación Bono Concilia
LUMEIRADAS SAN XOAN E SAN PEDROEstá aberto o prazo para comunicar a celebración de fogueiras para a noite do 23 de xuño (San Xoan) ou para a noite do 28 de xuño (San Pedro).
As persoas interesadas deberán de cumplimentar e asinar unha declaración responsable no modelo facilitado polo concello, xunto cunha copia do DNI e un plano catastral no que se marcará a situación exacta da fogueira.
A presentación da declaración responsable farase no Rexistro xeral do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.
Tamén se poderá presentar a través da sede electrónica utilizando o Trámite de Solicitude Xeral e anexando o modelo de declaración responsable cumplimentado.
A sede electrónica está en funcionamento as 24 horas do día.
A data límite de presentación é
22 de xuño ás 13:00 para a luminaria de San Xoán
26 de xuño ás 13:00 para a luminaria de San Pedro
Declaración Responsable
CAMPAMENTO 2021Aberto ata o día 18 de xuño o prazo para preinscribirse na 1ª quenda do Campamento de verán.
O campamento realizarase de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas, coas seguintes quendas: do 5 ao 16 de xullo, do 19 ao 30 de xullo, do 2 ao 13 de agosto, do 16 ao 27 de agosto, un prezo de 20 € con distintos descontos, e do 30 de agosto ao 3 de setembro un prezo de 10 €.
Formulario de inscrición: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScM0dWuZhzcqBAM8ZkH-sOAx9WMxIC4FruD0jr1AB_1pd1Uzw/viewform?usp=sf_link
Cartel