Novas

PROCESO SELECTIVO EDUCADOR/A SOCIAL: VALORACIÓN DEFINITIVA

Unha vez transcurrido o periodo para a presentación de reclamacións da valoración provisional de méritos no proceso de selección de 1 praza de educador/a social, o tribunal calificador pasou a analizar as reclamacións presentadas e publica a valoración definitiva de méritos así como a proposta da persoa seleccionada para a sua contratación.

Valoración definitiva

 
CAMBIO DE DATA DA ACTIVIDADE DE RAFTING

A actividade de Rafting que estaba posta para o domingo día 8 de Xullo cambia para o domingo día 15 de Xullo, no mesmo horario. Saida as 13:30h diante do concello e regreso as 21:30h

 
CONVOCATORIA DE SELECCIÓN DE PERSOAL: TRABALLADOR/A SOCIAL INTERINO

No Boletín Oficial da Provincia do 5 de xullo de 2018 saíu publicada a convocatoria para a selección de traballador/a social interino/a. O proceso selectivo é o de concurso, que comprende a valoración dos méritos establecidos nas bases da selección. O prazo para presentación de instancias é de 10 días naturais desde a publicación.

Base e instancia Traballador-a Social

 
VALORACION DE MÉRITOS EDUCADOR/A SOCIAL

Unha vez realizada a valoración de méritos no proceso selectivo de educador/a social publícanse os seus resultados.

Acta de valoración educador-a

 
ACTIVIDADES DE AVENTURA VERÁN 2018

Actividades de aventura que realizaremos durante o verán: Rafting: 8 de xullo, Aquapark: 11 de xullo, Ruta senderismo-Kaiak: 22 de xullo, Karts: 27 de xullo, Parque multiaventura: 9 de agosto, Paintball: 17 de agosto, Escapismo: 22 de agosto. Mais información e inscricións tel. 981 793 001.

Triptico actividades verán 2018

Cartel actividades de aventura verán 2018

 
CAMPAMENTO VERÁN 2018

Esta actividade está destinada a nenos e nenas de 3 a 15 anos e se desenvolverá no Polideportivo Municipal desde o 2 de xullo ao 31 de agosto en horario de 10:00 a 14:00 horas de luns a venres. O campamento terá un prezo de 20 € por quincena, haberá unha subvención dun 50% para os nenos e nenas empadroados. Farase un 10% de desconto as familias monoparentais e a aquelas nas que un so membro estea traballando. Máis información e inscricións tel. 981 793 001.

Campamento 2018

 
VALORACION DE MÉRITOS AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A

Unha vez realizada a valoración de méritos para o posto de auxiliar administrativo/a, publícase o seu resultado. O prazo para efectuar reclamacións é de tres días hábiles (ata o 28 de xuño de 2018)

Acta de valoración auxiliar

 
INFORMACIÓN LUMEIRADAS DE SAN XOÁN

Infórmase ás persoas que presentaron no Concello a declaración responsable para realizar a lumeirada de San Xoan, que o índice de risco de incendio forestal (IRDI) publicado na web da Consellería de Medio Rural actualizado o 22 de xuño é de ALTO. Isto significa que, salvo indicación en contrario do Concello ou do Servizo Provincial de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, NON HAI IMPEDIMENTO para que se poida realizar a lumeirada sempre que se garden as medidas preventivas indicadas no reverso da propia declaración e o índice de risco non varíe a EXTREMO. Sitio web para consultar o IRDI actualizado

 
PISCINA

Dentro das actividades de verán que organiza o Concello de Irixoa este ano teremos cursos de natación tanto para nen@s como para maiores na piscina municipal de Monfero. Serán tres cursos; Iniciación, Perfeccionamento e Actividades acuáticas para maiores. Haberá transporte público e gratuito ata a piscina.

Cartel Informativo

Folla de Inscrición cursos

 
LUMEIRADAS DE SAN XOAN E DE SAN PEDRO

O prazo para a presentación da declaración responsable de realización das fogueiras tradicionais está aberto, no caso das de San Xoán ata o 21 de xuño e ata o 27 de xuño para as de San Pedro. As persoas interesadas deberán de cumplimentar e asinar unha declaración responsable no modelo facilitado polo concello, xunto cunha copia do DNI e un plano catastral no que se marcará a situación exacta da fogueira. A presentación de solicitudes poderá realizarse nos Rexistros xeral ou electrónico do Concello de Irixoa. O horario público do Rexistro xeral do Concello de Irixoa é de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres; o rexistro electrónico funciona permanentemente na sede electrónica do concello .

Declaración responsable

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25   26   27   28   29   30   31   32   33   34   35   36   37   38   39   40   41   42   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor