Novas

CONVOCATORIA DE SELECCIÓN PERSOAL LABORAL TEMPORAL: AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A DE SERVIZOS SOCIAIS.

No Boletín Oficial da Provincia do 24 de maio de 2018 saíu publicada a convocatoria de selección de persoal temporal de 1 auxiliar administrativo/a de Servizos Sociais. Proceso selectivo mediante concurso de valoración de méritos. O prazo de presentación de instancias é de 10 días naturais dende o seguinte á publicación do anuncio. Bases aprobadas por acordo da Xunta de Goberno Local do 11/05/2018. Dereitos de exame: 18 euros

Bases auxiliar admin.

Instancia auxiliar

 
O Concello de Irixoa colabora na difusión do proxecto “Empoderamento da muller con cancro de mama”

O Servizo de Oncoloxía Médica do CHUAC, en colaboración coa Deputación da Coruña, ten como un dos seus obxectivos preferentes acercar ao paciente oncolóxico a filosofía da sanidade participativa e os seus beneficios. O concello de Irixoa está integrado na área de acción do proxecto ´Empoderamento da muller con cancro de mama´ do Servizo Galego de Saúde, que ten como obxectivos principais: Desenvolver ferramentas que faciliten a autoxestio´n da sau´de por parte das doentes diagnosticadas de cancro de mama. Presentar ferramentas que faciliten unha sau´de de calidade e prevencio´n das secuelas da enfermidade e os seus tratamentos. Participacio´n da doente con cancro na poli´tica sanitaria, para unha abordaxe sustentable do tratamento do cancro garantindo a calidade asistencial. Propon~er iniciativas conxuntas para mellorar o acceso da cidadani´a ao sistema pu´blico de sau´de. O 24 de maio de 2018 terá lugar no Pazo de Mariñán a partir das 15:45 unha xornada de divulgación dirixida a aquelas mulleres diagnosticadas de cancro de mama, que se centrará nas patoloxías, nos hábitos de saúde e cambios de conduta, así como na ampliación do horizonte persoal. A esta reunión están convidadas a acudir as mulleres diagnosticadas de cancro de mama longo sobreviventes e as asociación e membros das asociación de doentes, nos que varios especialistas abordarán entre outros aspectos, os psicolóxicos, a sexualidade, a fertilidade e o embarazo, o impacto social, a fisioterapia e coidados de pel.

Programa Xornada

 
EXCURSIÓN Á COMARCA DE ORTEGAL

O día 10 de xuño haberá unha Excursión á Comarca de Ortegal, visitaremos os Acantilados de Loiba, Viveiro, Ortigueira.... A excursión terá un prezo de 15 € para as persoas empadroadas e 30 € para as non empadroadas. Prazo de inscrición ata o día 6 de xuño, na oficinas municipais ou no tel. 981 793 001.

Cartel Excursión

 
CONVOCATORIA DE SELECCION DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL PARA TRACTORISTAS MUNICIPAIS (POS 2018)

No Boletín Oficial da Provincia do 19 de abril de 2018 saíu publicada a convocatoria de seleccion de persoal laboral temporal para 4 tractoristas. Xornada laboral: 30 horas semanais. Duración do contrato:6 meses. Prazo de presentación de solicitudes: dende o 23 de abril ata o4 de maio de 2018 en horario de 9 a 14 horas

Descargar bases e instancia de solicitude

 
Libros para sermos libres

Campaña da Deputación da Coruña para conmemorar o Día Internacional do Libro

O Concello de irixoa participa nas segunda edición da campaña "Libros para sermos libres" que promove A Deputación da Coruña . Esta campaña consiste na solta de libros simultánea en 30 concellos nas xornadas próximas ao día 23 de abril, en que se celebra o Día Internacional do Libro, a través de diferentes actos que os concellos organizan co obxecto de obsequiar ás persoas que participen na actividade achegándose aos distintos puntos de reparto.Entre os libros cos que a Deputación da Coruña agasallará á poboación dos seus municipios, atópanse exemplares de poesía, ensaio, teatro, fotografía, investigación, pintura, banda deseñada ou literatura infantil. Así, moitos deles resultaron premiados nos diferentes certames que organiza a Deputación da Coruña. No conxunto de volumes que se distribuirán nesta campaña tamén se atopan algunhas das últimas novidades editadas pola institución.O punto de reparto en Irixoa será o día 23 de abril diante do Concello a partir das 11:00 horas.

 
Camiño inglés a Santiago de Compostela (Ferrol-Santiago)

O día 22 de abril comezamos o Camiño inglés A Santiago de Compostela. Un bus sairá de diante do Concello ás 9:00 horas, nos levará ao punto de partida en cada etapa, e nos recollerá a tardiña no punto de chegada. O concello repartirá comida e bebida entre os/as participantes. Estas son as etapas: 22 de abril: Ferrol-Neda, 29 de abril: Neda-Pontedeume, 17 de maio: Pontedeume-Betanzos, 20 de maio: Betanzos-Bruma, 27 de maio: Bruma-Sigüeiro, 17 de xuño: Sigüeiro-Santiago de Compostela. Máis información e inscricións: tel. 981 793 001

 
NOVA APP DE INFORMACION MUNICIPAL

O Concello de Irixoa pon a disposición da veciñanza un novo servizo municipal: “Irixoa Informa”. A partir de agora todos os bandos, anuncios, noticias e información municipal do Concello poderá ser recibida de forma inmediata a través do seu móbil. O servizo está disponible para os sistemas operativos Android e iOs. As persoas que non dispoñan de terminais compatibles, como os que usen Blackberry ou Windows Phone, poden consultar toda a información municipal que o concello publique dende a páxina web adaptada para dispositivos móbiles www.bandomovil.com/irixoa .

Ver detalles de instalación

 
INFORMACIÓN SOBRE DISTANCIAS DE PLANTACIÓN E XESTIÓN DA BIOMASA

O importante valor que o monte desempeña vén sendo ameazado pola propagación de incendios forestais, afectando á súa riqueza ambiental e paisaxística e ás actividades agroforestais que nel se desenvolven, poñendo en risco tamén a integridade física das persoas. A Consellería do Medio Rural elaborou un díptico onde se representan as distancias mínimas de plantación das distintas especies arbóreas a estradas, labradíos, vivendas, etc.

Cartel distancias

 
ORIENTACION LABORAL NO FACEBOOK

Unha vez resoltas as incidencias técnicas, comezamos coa nosa nova páxina de Facebook do Servizo de Orientación Laboral da Agrupación de Concellos de Irixoa, Monfero e Aranga, onde cada día, volcaremos información relativa a ofertas de emprego, formación, subvencións, e todo aquelo que poida resultarvos de interese neste sentido. Darvos a tod@s, a benvida, e desexar que esta nova ferramenta vos sexa de utilidade para acadar os vosos obxectivos profesionais. Orientación Laboral

 
COMPETENCIAS CLAVE

Convocadas probas de avaliación en #CompetenciasClave para acceder aos #CertificadosProfesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación Ver convocatoria O prazo para presentar a solicitude é a partir do día 27 de febreiro ata o 23 de marzo de 2018.

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25   26   27   28   29   30   31   32   33   34   35   36   37   38   39   40   41   42   43   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor