Novas
Preinscricion Campamento de verán 2026O Concello de Irixoa abre o prazo de preinscrición para participar no Campamento de verán ata o día 29 de maio.
Idades: de 3 a 15 anos
Datas: do 29 de xuño ao 28 de agosto.
Prezo: 10 € semana nen@s empadroad@s
30 € semana nen@s non empadroados
O campamento esta enmarcado no Plan corresponsables: Irixoa Concilia, financiado pola Consellería de Política Social e o Ministerio de Igualdade.
A preinscricion realizarase a través do seguinte formulario de google: https://forms.gle/QV5MqzZQ94ppCAco8
Taller de Defensa Persoal FemininaTaller de Defensa Persoal Feminina
O Concello de Irixoa coa financiación do Pacto de Estado levará a cabo un Seminario de Defensa Persoal Feminina o día 29 de maio, en horario de 16 a 19 horas, no Pabellón Municipal de Irixoa. Taller levado a cabo por HKF, Escola de Defensa Persoal e Policial. Actividade gratuita destinada a mulleres maiores de idade. Necesaria inscrición previa no teléfono 981 793 001 ou no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Irixoa.
Cambio de día do transporte a Betanzos Cambio de día do transporte a Betanzos
Infórmase do cambio de día do transporte a Betanzos dende o concello. A partir deste martes 21 terá lugar o primeiro e terceiro MARTES de mes. O horario e o percorrido será o mesmo.
Moitas grazas.
cartel
Obradoiro de Xestión emocional na infancia e adolescenciaObradoiro de Xestión emocional na infancia e adolescencia
Obradoiro destinado a aprender un manexo axeitado do estrés e ansiedade nesta etapa evolutiva. Destinado a familias con menores nesta etapa, menores acompañados e público en xeral interesado. Martes, 14 de Abril ás 16.30 horas. Biblioteca Municipal de Irixoa. Actividade financiada pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns e xestionada polo Concello de Irixoa. Necesaria inscrición previa no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981793001. Actividade Gratuita.
Excursión ao Grove, con paseo en barco e mariscada a bordo.Día: 19 de abril de 2026
Hora de saida: 9:30 horas
Prezo:
Empadroad@s en Irixoa: 20,00 €
Non empadroad@s: 40,00 €
(Ordenanza fiscal reguladora dos prezos públicos pola prestación de actividades deportivas, culturais e outras actividades de caracter puntual do Concello de Irixoa)
Inscrición do 18 de marzo ao 10 de abril
Máis información: tél, 981 793 001.
Formulario de inscrición
Atraente vespa velutinaCoa chegada de primavera as raíñas de vespa velutina saen do seu letargo e comenzan a construír niños primarios que despois se transformarán en niños secundarios.
Para intentar frear esta praga é primordial a eliminación das raíñas, xa que será un niño menos.
Por iso desde o Concello de Irixoa proporcionamos líquido atraente para tentar eliminar o maior número de raíñas.
As persoas interesadas en colaborar deben concertar unha cita con José Ares, tél. 620 349 684 para a recollida do líquido atraente.
Crea contido con Intelixencia ArtificialCrea contido con Intelixencia Artificial
Curso presencial para maiores de 18 anos
Duración: 30 e 31 de marzo de 10:00 a 13:00h e o 6 e 7 de abril de 16:00 a 19:00h
Biblioteca Municipal de Irixoa
Inscricións: no Departamento de Servizos Sociais do ?Concello de Irixoa ou no teléfono 981 793 001
cartaz Cibervoluntarios
Sobres ao autobús do teatro.PROGRAMA DE MOBILIDADE DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO. "HAMLET"
DATA: domingo, 12 de abril de 2026
HORA DE SAÍDA: 15:00
LUGAR DE SAÍDA: Ao lado da Casa do Concello de Irixoa
HORA DA FUNCIÓN: 18:00
LUGAR DA FUNCIÓN: Salón Teatro (Santiago de Compostela)
HORA DE SAÍDA TRAS A FUNCIÓN: 20:15
PREZO ENTRADA: 5€.
INSCRICIÓN:
MAIL:elisa.alonso@irixoa.es - TL.981793001.
PRESENCIAL: departamento de Cultura do Concello de Irixoa)
PRAZAS LIMITADAS
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25