Novas
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA “MULLERES DE IRIXOA”O Departamento de Servizos Sociais para conmemorar o día 8 de marzo “Día Internacional da Muller” realiza unha exposición de fotografías de mulleres que viven ou viviron no concello.
Son todas as que están pero non están todas as que son. Mostramos todas as que nos fixestes chegar polo que vos damos as grazas.
Con este panel queríamos dar visibilidade ao gran traballo e esforzó cotiá das mulleres nas máis variadas labores dentro e fóra da casa.
Grazas, aboas, nais, tías, amigas, por e para vós. Velaí queda o noso recoñecemento a todas, e o noso agradecemento por todo o que nos distes e nos deixastes.
Algunhas xa non se atopan entre nos, pero temos estas fotografías como testemuño do que foi a súa vida.
Gardarémolas para sempre igual que o seu recordo no noso corazón.
Esperamos que veñades velas! O panel está situado no corredor de Servizos Sociais na planta baixa do Concello.
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 8 DE MARZOO vindeiro día 8 de marzo, como todos os anos, celebraremos o Día Internacional da Muller e necesitamos a vosa colaboración para que nos aportedes fotografías de mulleres na vida cotiá, antigas e novas, en branco e negro ou a cor. Con elas pretendemos facer un mural no que se reflicta a labor e traballo das mulleres ao longo do tempo.
Ese traballo diario, caladiño, sen vacacións e invisible a case todos os ollos, e polos que elas non perciben recoñecemento, salario nin pensión.
Este mural será exposto na planta baixa e na páxina web do concello e as fotografías serán escaneadas. Se nos deixades o orixinal, poñeremos por detrás o nome da persoa propietaria e se devoverán unha vez rematado o mes de marzo no que desfaremos o mural.
Recollerémolas no Concello e para que as podamos amosar públicamente tamén será necesario que nos firmedes unha autorización de cesión cando as traiades.
Esperamos a vosa participación!!!!!!!!!!!
Máis información no teléfono do Concello 981793001 ou no Departamento de Servizos Sociais.
ACTUACIÓNS DURANTE O NADALActuacións previstas durante o Nadal:
27 de decembro: Duende Sico con A mestra da lingua.
29 de decembro: Magin Blanco con O que levamos nas maletas
30 de decembro: Moc Moc con Pequedisco Moc Moc
31 de decembo: Mere Clown con Aparvaolimpiadas
5 de xaneiro: Patti Difhusa
Inscricións: Concello de Irixoa, teléfono 981 793 001 ata completar aforo
A mestra da lingua
O que levamos nas maletas
Moc Moc
Patty Diphusa
Gañadores do IV Concurso de postais de NadalAs postais gañadoras do IV concurso de postais de Nadal foron:
Categoría de 3 a 7 anos:
Martina Espiñeira Bretón, 7 anos.
Categoría de 8 a 12 anos:
Iván Pena Pérez, 12 anos.
CAMPAMENTO DE NADALActividade Campamento de nadal para nenos e nenas de 3 a 12 anos, desde o día 27 de decembro 2021 ao 5 de xaneiro de 2022, de luns a venres.
Lugar: Biblioteca Municipal e polideportivo Municipal
Horario: De 10:00 a 14:00
Inscricións: Concello de Irixoa, teléfono 981 793 001 ata o día 17 de decembro
Cartel
CAMPAÑA DA NEVE 2022 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑAA Deputación da Coruña na súa programación deportiva do ano 2022 pon en marcha a campaña de esquí na estación de Valgrande-Pajares destinada a nen@s de 12 a 15 anos. O Concello de Irixoa ten adxudicadas 3 prazas.
Os participantes desfrutarán de 4 días con aloxamento e manutención, nun albergue a pé de pista, contarán con cursos de esquí e actividades complementarias na estación.
Cada participante abonará unha cota de inscrición de 85€. O prazo de inscricións esta aberto ata o 14 de decembro mais información no telf. 981 793 001
Cartel
Folleto informativo e folla de inscrición
25N Conmemoración do día contra a violencia de xénero25N Conmemoración do día contra a violencia machista
O día 25 de Novembro sumarémonos a loita contra a violencia de xénero. O Concello realizará un acto simbólico de plantar unha árbore nas inmediacións do Pabillón Municipal. Será as 10 da mañá e acudirán representantes dos concellos vindeiros. Agardamos a vosa participación.
IV CONCURSO DE POSTAIS DE NADALDo día 18 ao 30 de novembro estará aberto o prazo para realizar a entrega de postais para participar no VI concurso de Postais de Nadal organizado polo Concello de Irixoa. Hay dúas categorías de 3 a 7 anos e de 8 a 12 anos, premio de vale regalo por valor de 70 € en cada unha. Poderá facerse entrega de dúas postais por paticipante como máximo no Concello de Irixoa de 9 a 14 horas, ou envíandoas por correo postal ao enderezo: Concello de Irixoa, Pazo de Irixoa, 6, 15313 Irixoa, xunto cun formulario que se pode descargar nesta páxina. Máis información no tél. 981 793 001.
Cartel
Solicitude
Bases
TORNEO NADAL FÚTBOL SALADurante o mes de decembro teremos unha nova versión do Torneo de Nadal de Fútbol Sala que será durante todo o mes de decembro. A inscrición estará aberta ata o 30 de novembro no Concello de Irixoa horario de 09h a 14h ou no telf. 981 793 001. No Polideportivo do Xestal horario de 16h a 21h ou no telf. 981 793 213
Cartel Informativo
Visita os xardíns do Pazo de MeirásVisita os xardíns do Pazo de Meirás
O día 5 de novembro visitaremos os xardíns do Pazo de Meirás. Visita guiada de balde. Saída dende o concello ás 9.15 en autobús. Inscricións no teléfono 981 793 001 ou nos Servizos Sociais municipais.
cartel visita Pazo de Meirás
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17