Novas
Excursión iluminacion navideña VigoExcursión a Vigo para ver a iluminación navideña o día 2 de decembro, saída desde o Concello ás 11:00 horas. Prezo de 40 €, as persoas empadroadas terán unha subvención de 20 € polo que terían que pagar 20 €. Inclúe comida, transporte e guía. Máis información e inscrición ata o día 29 de novembro, tél. 981 7930 01.
VI CONCURSO DE POSTAIS DE NADALÁbrese o prazo para participar no VI Concurso de postais de Nadal. O prazo de presentación de postais será do 6 ao 24 de novembro, no Concello de Irixoa de 9:00 a 14:00 horas, o por correo postal (xunto co formulario) a Concello de Irixoa, Pazo de Irixoa, 6, 15313, Irixoa.
Haberá 3 categorías:
de 3 a 5 anos.
de 6 a 8 anos.
de 9 a 12 anos.
Haberá un premio de un vale regalo de 70 € en cada categoría.
Máis información TEL. 981 793 001, www.irixoa.es.
Forumulario de solicitude participación
Bases VI Concurso de postais de Nadal
DÍA DA BICI 2023O día 7 de outubro realizaremos o tradicional día da bici que consistirá nun percorrido por diferentes parroquias de Irixoa. A hora de saída será as 16h diante do concello. As inscricións estan abertas ata o 29 de setembro. Prazas limitadas, terán preferencia os empadroad@s. + inf no Concello ou no telf. 981 793 001
Folla de inscrición
Cartel
ACTIVIDADES MUNICIPAIS CURSO 2023-2024Volve o cole e volvemos cas actividades municipais para o curso 2023-2024. O prazo de inscrición estará aberto ata o 27 de setembro. Para facer a inscrición haberá que cubrir un modelo que se adxunta e presentalo no rexistro xeral do concello. Mais información no concello ou no tel. 981 793 001
Tríptico
Folla de inscrición
ACTIVIDADES DE VERÁN 2023Realizaremos as seguintes actividades durante o verán
- Aquapark de Cerceda. 17 de xullo. Todos os públicos-
Prezo: 16 €.
- Aquapark de Sanxenxo. 26 de xullo. Maiores de 6 anos-
Prezo: 35 €.
- Multiaventura. 31 de xullo. Maiores de 4 anos-
Prezo: 30 €.
- Karts. 22 de agosto. Todos os públicos-
Prezo: 35 €.
50 % de desconto para empadroados/as.
10% de desconto para @s que se anoten a máis dunha actividade.
Menores de 8 anos acompañad@s.
Máis información e inscricións tel. 981 793001.
ata 3 días antes da actividade.
Ficha inscricion menores
Ficha inscricion adult@s
Programa ExpertclicPrograma Expertclic
A Fundación Cibervoluntarios impartirá en colaboración co Concello de Irixoa unha formación para persoas maiores centrado no uso das novas tecnoloxías. Serán os días 5 de 12 de xullo de 10 a 12 horas na Biblioteca Municipal de Irixoa. Inscrición previa no teléfono 981 793 001 ou nos Servizos Sociais Municipais.
Actividade de balde.
CAMPAMENTO IRIXOA VERÁN 2023Destinatarios/as: nenos e nenas de 3 a 14 anos
Datas: do 3 de xullo ao 31 de agosto
Quendas:.
1ª quenda: 3 ao 21 de xullo
2ª quenda: 24 de xullo ao 11 de agosto
3ª quenda: 14 ao 31 de agosto
Prezo: 40 € quenda
50 % de desconto para empadroados/as
Descontos tamén por ser familia numerosas, familias cun so dos ses membros traballando, familias monoparentais...
Máis información e inscricións: tel. 981 793 001.
Preinscrición ata o día 16 de xuño. https://forms.gle/k9yvpSwC7cp3VNrg7
Cartel campamento Irixoa verán 2023
Taller Función do suxeitador na Saúde da Muller O día 6 de xuño ás 16.30 horas terá lugar na Biblioteca Municipal o taller: "Función do Suxeitador na Saúde da Muller". Impartido por Bego Bermúdez, asesora de ropa íntima con ampla experiencia. Inscrición previa nos SS. SS de Irixoa ou no teléfono 981793001. Actividade de balde.
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24