Novas
CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS 2019 No BOP do 23 de maio publícase o acordo da Xunta de Goberno Local do 16 de maio de 2019 polo que se aproban as bases correspondentes á convocatoria pública de subvencións municipais a familias e entidades sen fin de lucro para o ano 2019.
As citadas bases expóñense ao público durante quince días hábiles, co fin de que se poidan presentar as alegacións ou suxestións que se estimen pertinentes. De non formularse, o acordo de aprobación entenderase elevado automáticamente a definitivo.
A presentación de solicitudes de subvención poderase efectuar dentro do prazo do 27 de maio ao 26 de xuño de 2019, ambos inclusive; non obstante, no suposto de presentarse alegacións ou suxestións, entenderase suspendido dito prazo ata a aprobación definitiva , ampliándose o prazo de presentación nos días que correspondan para completar o mes.
Ver anuncio BOP
Impreso de solicitude
TEATRO DÍA DAS LETRAS GALEGASPara conmemorar o Día das Letras Galegas "17 de maio" este ano adicado a Antonio Fraguas, o Concello de Irixoa organiza unha representación teatral do Grupo Fantoches Baj coa obra "Auga que non vas beber..." o martes 14 de maio na Biblioteca Municipal ás 11:00 horas. Esta obra está dedicada a público adulto. Auga que non vas beber é un recital satírico para monicreques, onde salientan diversas cantigas populares como “A Saia da Carolina”, “O sermón do padre Damián” ou “ O cura está malo”.
Cartel
CAMPAÑA DE VERÁN 2019. XUNTA DE GALICIA
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades da Campaña de Verán 2019
Solicitudes:
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es cos seguintes códigos:
Solicitude individual: procedemento BS303A.
Solicitude múltiple: procedemento BS303F.
Prazas reservadas para inclusión de persoas con discapacidade:
procedemento BS303G para solicitude individual
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ato o 7 de maio de 2019
Máis información no DOG do 22 de abril de 2018 e en http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.
DÍA DO LIBRORealizaremos na Biblioteca Municipal con motivo da celebración do Día do Libro (23 de abril) as seguintes actividades. O día 25 de abril "Obradoiro de Escritura Creativa" destinado a persoas adultas, a partir das 10:00 horas. O día 29 de abril "Contacontos musical" dirixido a nenos e nenas ata 3 anos, a partir das 12:00 horas.
Máis información tel. 981 793 001.
Cartel actividades Día do libro 2019
CONSULTA DE LISTAS ELECTORAIS ELECCIÓNS MAIO 2019Do 8 ao 15 de abril está aberto o prazo de exposición pública do Censo Electoral para as Eleccións Locais e ao Parlamento Europeo do 26 de maio.
Durante este periodo calquera persoa pode consultar a sua inclusión nas listas do censo electoral ou presentar unha reclamación administrativa sobre os seus datos censais se fose necesario.
A consulta deberá de ser formulada pola propia persoa interesada identificándose con calquera dos documentos previsto na Lei Electoral (DNI, pasaporte ou permiso de conducir).
As consultas ou reclamacións poderán facerse nas Oficinas do Concello os días 8, 9, 10, 11, 12 e 15 deabril de 2019 en horario de 9:00 a 14:00.
Os teléfonos da Oficina do Censo Electoral, para información sobre as consultas son:
981 217 439;
981 217 426;
901 101 900
8 de Marzo. Día da Muller. O día 8 de marzo na Biblioteca Municipal de Irixoa celebraremos o Día da Muller xuntándonos nun Círculo de Mulleres no que todos/as veciños/as están convidados/as.
Cartel 8 de marzo
O CONCELLO DE IRIXOA RENOVA A SUA SEDE ELECTRÓNICAA Sede Electrónica do concello ten agora un novo aspecto e importantes melloras no seu uso e funcionalidade. Entre as importantes novidades que incorpora, destaca o acceso a través do sistema cl@ve, que permitirá ao cidadán a tramitación a través de clave PIN ou clave permantente, a maiores do certificado electrónico e o DNI electrónico.
Esta sede electrónica forma parte do Proxecto Provincial de Implantación da Administración Electrónica ao que o Concello de Irixoa leva adherido dende o seu inicio.
ENTROIDO 2019O Concello de Irixoa celebrará o Entroido o luns 4 de marzo coas seguintes actividades. A partir das 18:00 horas festival infantil no Polideportivo municipal con inchables, obradoiros, animación e concurso de disfraces cos seguintes premios; 1ª premio, 90 €, 2ª premio, 70 €, 3º premio, 50 €. Pola noite, a partir das 23:00 horas no campo da Festa de Irixoa XI Festa da xuventude, amenizada pola orquestra D´Moda e discoteca móbil Sebas 21. Haberá concurso de disfraces cos seguintes premios; para disfraces individual ou parellas: 1º premio, 110 €, 2º premio, 90 €, 3ª premio, 70 €; para grupos de máis de 3 persoas haberá os seguintes premios: 1º premio, 210 €, 2º premio, 190 €; 3º premio, 170 €. Tamén haberá o I Concurso de postres de entroido que terá os seguintes premios: 1º premio: vale agasallo por unha comida nun dos restaurantes do concello; 2º premio, vale agasallo de 50 € para gastar nun dos comercios de Irixoa. Para unha mellor previsión as persoas interesadas en participar no Concurso de postres deberán avisar no departamento de Servizos Sociais de Concello.
Bases concurso de disfraces
Bases I Concurso de postres
Cartel
DOAZON DE SANGUEO mércores 23 de xaneiro a unidade móbil de doazón de sangue estará no campo da Feira de Chao da Viña desde ás 10:00 ás 14:00 horas
Máis información
UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE CICLOMOTORESA empresa Supervisión y Control S.A. concesionaria da Xunta, titular da concesión de estacións de I.T.V. comuica que o horario e día asignado a este concello para a inspección técnica periódica de CICLOMOTORES será o día 6 de febreiro en horario de 9:00 a 13:30 horas no Campo da Feira de Chao da Viña. Citas na web www.sycitv.com ou o tel. 902309000.
Cartel ITV Ciclomotores
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19