Novas

CAMPAMENTO SEMANA SANTA

Durante as vacacións de Semana Santa, os días 11, 12, 13 e 18 de abril, realizaremos un campamento no Polideportivo Municipal en horario de 9:30 a 14:00 horas para nenos e nenas de 3 a 12 anos. Prezo 10 €, nenas e nenos empadroadas/as 5 €. Máis información tel. 981 793 001.

 
FALLO DO “II CONCURSO A PROL DA IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”

O venres 18 de marzo de 2022 procedeuse a fallar o “ II CONCURSO A PROL DA IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO” no cal propoñíamos aos nenos do Colexio Virxe da Cela de Monfero que realizara un debuxo ou traballo similar relacionado co título do concurso.

Os gañadores do mencionado concurso son:

No grupo de 3 a 7 anos: Ana Bouzón Teijo por “As mulleres poden ser o que queiran”

No grupo de 8 a 12 anos: Martina Blanco Balsa por “Non á violencia de xénero”

Resultou moi difícil escoller aos gañadores, sobre todo, do primeiro grupo porque todos fixeron un traballo moi bo e creativo.

Noraboa!!!!!!

Participantes

 
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA “MULLERES DE IRIXOA”

O Departamento de Servizos Sociais para conmemorar o día 8 de marzo “Día Internacional da Muller” realiza unha exposición de fotografías de mulleres que viven ou viviron no concello.

Son todas as que están pero non están todas as que son. Mostramos todas as que nos fixestes chegar polo que vos damos as grazas.

Con este panel queríamos dar visibilidade ao gran traballo e esforzó cotiá das mulleres nas máis variadas labores dentro e fóra da casa.

Grazas, aboas, nais, tías, amigas, por e para vós. Velaí queda o noso recoñecemento a todas, e o noso agradecemento por todo o que nos distes e nos deixastes.

Algunhas xa non se atopan entre nos, pero temos estas fotografías como testemuño do que foi a súa vida.

Gardarémolas para sempre igual que o seu recordo no noso corazón.

Esperamos que veñades velas! O panel está situado no corredor de Servizos Sociais na planta baixa do Concello.

 
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 8 DE MARZO

O vindeiro día 8 de marzo, como todos os anos, celebraremos o Día Internacional da Muller e necesitamos a vosa colaboración para que nos aportedes fotografías de mulleres na vida cotiá, antigas e novas, en branco e negro ou a cor. Con elas pretendemos facer un mural no que se reflicta a labor e traballo das mulleres ao longo do tempo.

Ese traballo diario, caladiño, sen vacacións e invisible a case todos os ollos, e polos que elas non perciben recoñecemento, salario nin pensión.

Este mural será exposto na planta baixa e na páxina web do concello e as fotografías serán escaneadas. Se nos deixades o orixinal, poñeremos por detrás o nome da persoa propietaria e se devoverán unha vez rematado o mes de marzo no que desfaremos o mural.

Recollerémolas no Concello e para que as podamos amosar públicamente tamén será necesario que nos firmedes unha autorización de cesión cando as traiades.

Esperamos a vosa participación!!!!!!!!!!!

Máis información no teléfono do Concello 981793001 ou no Departamento de Servizos Sociais.

 
ACTUACIÓNS DURANTE O NADAL

Actuacións previstas durante o Nadal:

27 de decembro: Duende Sico con A mestra da lingua.

29 de decembro: Magin Blanco con O que levamos nas maletas

30 de decembro: Moc Moc con Pequedisco Moc Moc

31 de decembo: Mere Clown con Aparvaolimpiadas

5 de xaneiro: Patti Difhusa

Inscricións: Concello de Irixoa, teléfono 981 793 001 ata completar aforo

A mestra da lingua

O que levamos nas maletas

Moc Moc

Patty Diphusa

 
Gañadores do IV Concurso de postais de Nadal

As postais gañadoras do IV concurso de postais de Nadal foron:

Categoría de 3 a 7 anos:

Martina Espiñeira Bretón, 7 anos.

Categoría de 8 a 12 anos:

Iván Pena Pérez, 12 anos.

 
CAMPAMENTO DE NADAL

Actividade Campamento de nadal para nenos e nenas de 3 a 12 anos, desde o día 27 de decembro 2021 ao 5 de xaneiro de 2022, de luns a venres.

Lugar: Biblioteca Municipal e polideportivo Municipal

Horario: De 10:00 a 14:00

Inscricións: Concello de Irixoa, teléfono 981 793 001 ata o día 17 de decembro

Cartel

 
CAMPAÑA DA NEVE 2022 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación da Coruña na súa programación deportiva do ano 2022 pon en marcha a campaña de esquí na estación de Valgrande-Pajares destinada a nen@s de 12 a 15 anos. O Concello de Irixoa ten adxudicadas 3 prazas. Os participantes desfrutarán de 4 días con aloxamento e manutención, nun albergue a pé de pista, contarán con cursos de esquí e actividades complementarias na estación. Cada participante abonará unha cota de inscrición de 85€. O prazo de inscricións esta aberto ata o 14 de decembro mais información no telf. 981 793 001

Cartel

Folleto informativo e folla de inscrición

 
25N Conmemoración do día contra a violencia de xénero

25N Conmemoración do día contra a violencia machista

O día 25 de Novembro sumarémonos a loita contra a violencia de xénero. O Concello realizará un acto simbólico de plantar unha árbore nas inmediacións do Pabillón Municipal. Será as 10 da mañá e acudirán representantes dos concellos vindeiros. Agardamos a vosa participación.

 
IV CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Do día 18 ao 30 de novembro estará aberto o prazo para realizar a entrega de postais para participar no VI concurso de Postais de Nadal organizado polo Concello de Irixoa. Hay dúas categorías de 3 a 7 anos e de 8 a 12 anos, premio de vale regalo por valor de 70 € en cada unha. Poderá facerse entrega de dúas postais por paticipante como máximo no Concello de Irixoa de 9 a 14 horas, ou envíandoas por correo postal ao enderezo: Concello de Irixoa, Pazo de Irixoa, 6, 15313 Irixoa, xunto cun formulario que se pode descargar nesta páxina. Máis información no tél. 981 793 001.

Cartel

Solicitude

Bases

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor