Novas
Termalismo social IMSERSO 2020Abrese o prazo para participar no proceso de adxudicacion de prazas para Termalismo Soical IMSERSO. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto ata o día 10 de xaneiro, e para as quendas de setembro a decembro ata o 15 de maio.
Máis información no Departamento de Servizos Socias do Concello, tel. 981 793 001
Termalismo IMSERSO
Excursión ao Santuario da Virxe das Emidas (O Bolo) O día 13 realizaremos unha excursión ao Santuario da Virxe das Ermidas situado no municipio ourensán de O Bolo. Tamén poderemos visitar o castelo e a vila de O Bolo, O Barco de Valdeorras... A saída terá un prezo de 15 € para as persoas empadroadas e de 30 € para as non empadroadas. O prazo para inscribirse está aberto ata o día 5 de abril. Hai prazas limitadas, e terán preferencia as persoas empadroadas. Para máis información e inscrición tel. 981 793 001.
Cartel excursión O Bolo
EXCURSIÓN Á MARIÑA LUCENSEO vindeiro día 10 de xuño realizaremos unha excursión a Mariña Lucense.
Saída: 8:30 horas diante do Concello.
Prezo: 15 € persoas empadroadas,30 € persoas non empadroadas.
Prazo de inscrición ata o día 6 de xuño.
Terán preferencia as persoas empadroadas.
Máis información: tel. 981 793 001
XVI Encontro de maioresO Encontro celebrarase o vindeiro día 13 de maio.
Poderán asistir todas as persoas maiores de 60 anos, empadroadas no Concello, xunto co seu conxuxe aínda que este non teña esa idade. As persoas con mobilidade reducida, e que así o precisen, poderán levar un acompañante.
A xuntanza consistirá nunha comida que se servirá arredor das 14:00 horas, nunha carpa situada no campo da Festa de Irixoa. Pola tarde os/as asistentes poderán gozar da actuación dunha orquestra, e participar no sorteo de varios agasallos. As persoas de máis idade de cada parroquia recibirán unha homenaxe por parte da corporación municipal.
Para participar os/as interesados/as deberán anotarse e recoller unha invitación individual que se facilitará no concello. O prazo para inscribirse, será ata o día 5 de maio.
Página
1