Novas
DÍA DA BICI 2025O día 11 de outubro teremos o tradicional día da bici no que faremos un percorrido por diferentes parroquias do concello disfrutando do entorno e da compañia. A hora de saida será as 16h. diante do concello. Inscricións abertas ata o día 2 de outubro.Terán preferencia as persoas empadroadas en Irixoa. Inscricións no concello ou por sede electrónica cubrindo unha instancia xeral e adxuntado a folla de inscrición.
Cartel
Inscrición
Punto en boca: entre fios anda o lioRepresentacion Teatral Punto en boca: entre fios anda o lio, de Raquel Crespo en coproducción co Centro Dramático Galego.
Día: 18 de agosto.
Hora: 12:00 horas.
Lugar: campo ao lado Polideportivo Municipal.
Aquapark de CercedaSaída o aquapark destinada a todos os públicos.
Menores de 8 anos acompañad@s por unha persoa adulta.
Día: 23 de xullo de 2025.
Saída: 11:00 horas do Concello
Chegada: 20:30 horas aprox.
Prezo: 30 € non empadroad@s.
15 € empadroad@s.
Inclúe: transporte, entrada ao parque, comida e merenda.
Inscricións ata o día 18 de xullo.
Máis información: tél. 981 793 001.
Romería de Santo AntónRomería de Santo Antón
O día 15 de xuño recrearase a antiga Romaría de Santo Antón a man do grupo participante no programa municipal de envellecemento activo,Os Saberes Gardados.
Haberá peregrinación, acto ceremonial, xantar camprestre, visita guiada e xogos populares.
Participación aberta a toda a veciñanza.
Cada participante deberá traer o seu xantar.
Organiza o Concello de Irixoa coa colaboración do CVMC San Antón, de Mántaras e a Diputación Provincial de A Coruña.
Cartel
AMTEGA - XUNTA DE GALICIA - FORMACIÓN EN COMPETENCIAS DIXITAISAMTEGA - XUNTA DE GALICIA - FORMACIÓN EN COMPETENCIAS DIXITAIS
O obxectivo do programa destinado a máis de 45.000 persoas a partir é impulsar a alfabetización da sociedade galega no marco da Estratexia Galicia Dixital 2030, facilitando ferramentas para que os cidadáns e cidadás adquiran a capacitación dixital necesaria para desenvolverse con seguridade. O curso de nivel intermedio, ten as inscricións abertas a través da
web www.formaciondixital.gal. A duración máxima é de 8 semanas, ao longo das cales se ofrecen contidos teóricos teóricos e actividades prácticas de forma sinxela e titorizada.
folleto
Representacion "Brincadeiras da lingua" Migallas teatroO día 30 de decembro "Migallas teatro" estará ás 12:00 horas na Biblioteca Municipal respresentando "Brincadeiras da lingua".
Día: 30 de decembro
Lugar: Biblioteca Municipal
Hora: 12:00 horas
Público familiar
Inscricións ata o día 27 de decembro, inclusive.
Tel. 981 793 001
@culturadadeputaciondacoruna
Datas inspección Maquinaria Agrícola: unidade móbil 2025A empresa Supervisión y Control S.A comunica os horarios e días asignados a este concello no ano 2025 para a inspección de maquinaria agricola que serán:
2, 3, 7, 8, 9, 10 e 13 de xaneiro
Horario:
Mañá: 9:00 a 13:30
Tarde: 15:15 a 18:00 horas (o venres día 10 non abrirá pola tarde)
Cita previa no teléfono 981 92 80 80 ou na web: www.sycitv.com
A unidade móbil estará ubicada no Campo da Feira en Chao da Viña.
Bando
CAMPAÑA NEVE 2025A Deputación da Coruña, pon en marcha a campaña de esquí para o ano 2025 na estación de Valgrande-Pajares destinada a nen@s de 11 a 15 anos O Concello de Irixoa ten adxudicadas 3 prazas, na primeira quenda que será dos días 10 ao 13 de xaneiro de 2025. Os participantes desfrutarán de 4 días con aloxamento e manutención, nun albergue a pé de pista, contarán con cursos de esquí e actividades complementarias na estación. Cada participante abonará unha cota de inscrición de 85€. O prazo de inscricións esta aberto ata o 2 de decembro mais información no telf. 981 793 001
Cartel
Folla de inscrición
VII concurso de Postais de NadalEstá aberto o prazo, desde o día 4 ao 22 de novembro, para participar no VII Concurso de postais de Nadal que organiza o Concello de Irixoa:
Hai 4 categorías:
De 3 a 5 anos
De 6 a 8 anos
De 9 a 10 anos
De 11 a 13 anos
O/a gañador/a de cada categoría recibirá como premio un vale regalo por valor de 70 €.
As postais poderán entegrarse, xunto co formulario de solicitude, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas nas oficinas municipais, ou enviarse por correo a Concello de Irixoa, Pazo de Irixoa, 6A, 15313, Irixoa, A Coruña.
Maís información tel 981 793 001.
Bases concurso Postais
Solicitude
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17