Novas
LUMEIRADAS DE SAN XOAN E DE SAN PEDROO prazo para a presentación da declaración responsable de realización das fogueiras tradicionais está aberto, no caso das de San Xoán ata o 21 de xuño e ata o 27 de xuño para as de San Pedro.
As persoas interesadas deberán de cumplimentar e asinar unha declaración responsable no modelo facilitado polo concello, xunto cunha copia do DNI e un plano catastral no que se marcará a situación exacta da fogueira.
A presentación de solicitudes poderá realizarse nos Rexistros xeral ou electrónico do Concello de Irixoa. O horario público do Rexistro xeral do Concello de Irixoa é de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres; o rexistro electrónico funciona permanentemente na sede electrónica do concello .
Declaración responsable
CONVOCATORIA DE SELECCIÓN PERSOAL LABORAL TEMPORAL: PERSOAL DA BRIGADA CONTRA INCENDIOS 2018No Boletín Oficial da Provincia do 1 de xuño de 2018 saíu publicada a convocatoria de selección de persoal temporal de 1 xefe/a de brigada, 1 peón condutor/a e 3 peóns brigadistas.
Xornada de 40 horas semanas en quendas integrándose no dispositivo PLADIGA 2018.
O proceso selectivo e a formación están delegados nunha empresa técnica.
O prazo de presentación de instancias é de 12 días naturais (do 4 ao 15 de xuño de 2018)
Bases aprobadas por acordo da Xunta de Goberno Local do 25/05/2018.
Dereitos de exame: 18 euros para xefe/a, e 16 euros para condutor/a e peons.
Bases brigada 2018
Instancias de solicitude
EXCURSIÓN Á COMARCA DE ORTEGALO día 10 de xuño haberá unha Excursión á Comarca de Ortegal, visitaremos os Acantilados de Loiba, Viveiro, Ortigueira.... A excursión terá un prezo de 15 € para as persoas empadroadas e 30 € para as non empadroadas. Prazo de inscrición ata o día 6 de xuño, na oficinas municipais ou no tel. 981 793 001.
Cartel Excursión
Camiño inglés a Santiago de Compostela (Ferrol-Santiago)O día 22 de abril comezamos o Camiño inglés A Santiago de Compostela.
Un bus sairá de diante do Concello ás 9:00 horas, nos levará ao punto de partida en cada etapa, e nos recollerá a tardiña no punto de chegada. O concello repartirá comida e bebida entre os/as participantes.
Estas son as etapas: 22 de abril: Ferrol-Neda, 29 de abril: Neda-Pontedeume, 17 de maio: Pontedeume-Betanzos, 20 de maio: Betanzos-Bruma, 27 de maio: Bruma-Sigüeiro, 17 de xuño: Sigüeiro-Santiago de Compostela. Máis información e inscricións: tel. 981 793 001
INFORMACIÓN SOBRE DISTANCIAS DE PLANTACIÓN E XESTIÓN DA BIOMASAO importante valor que o monte desempeña vén sendo ameazado pola propagación de incendios forestais, afectando á súa riqueza ambiental e paisaxística e ás actividades agroforestais que nel se desenvolven, poñendo en risco tamén a integridade física das persoas.
A Consellería do Medio Rural elaborou un díptico onde se representan as distancias mínimas de plantación das distintas especies arbóreas a estradas, labradíos, vivendas, etc.
Cartel distancias
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11