Novas
OBRADOIRO DE EMPREGO DE ACTIVIDADES DE CONSERVACIÓN E MELLORA FORESTALOs concellos de Irixoa, Monfero, Aranga e Vilarmaior van a levar a cabo un obradoiro de emprego de "Actividades de Conservación e Mellora Forestal", (só para persoas desempregadas maiores de 18 anos), financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e que vai comezar próximamente.
Contará con 20 alumnos-traballadores, e un equipo directivo, docente e de apoio composto por 6 persoas.
Os alumnos-traballadores asinarán un contrato para a formación e aprendizaxe e recibirán unha retribución pola súa participación no obradoiro.
¿CÓMO INSCRIBIRSE?
Para participar no proceso de selección para o obradoiro deberán acudir de xeito imprescindible e urxente á oficina de emprego de Betanzos e solicita-lo expresamente.
As persoas interesadas en formar parte do equipo directivo, docente e de apoio deben actualizar o seu Curriculum na oficina de emprego.
A duración deste obradoiro é de 9 meses.
Código: AGAR0309.
Familia profesional: AGRARIA.
Área profesional: FORESTAL.
Nivel de cualificación profesional: 1
SELECCIÓN E NOMEAMENTO DE TRABALLADORA SOCIAL INTERINAO 19/09/2018 no Boletín Oficial da Provincia publicouse o nomeamento na selección de funcionaria interina para traballadora social de Adelaida F. Abad Isla así como a formación dunha bolsa de traballo para posteriores nomeamentos como funcionarios interinos, coa finalidade de cubrir tanto vacantes como substitucións transitorias dos seus titulares ou outras necesidades temporais.
Ver anuncio BOP
VI RUTA CABALARVI Ruta Cabalar no Monte de San Antón o día 15 de agosto. Saída 10:30 horas, chegada 14:00 horas. Xantar: Polbo, churrasco, pan, postre e café 20 €. Máis información e insciricións ata o día 11 de agosto nas Oficinas Municipais ou no tel. 981 793 001.
POOL PARTY!O vindeiro día 17 de agosto na piscina de Monfero haberá unha festa para rapaces e rapazas de 12 a 20 anos. Música con DJ, láser show, espectáculo de luces, pulseiras luminosas… e ¡moitos premios!. Achégate cos teus amigos e disfruta dunha noite diferente de 20:30 a 23:00 ¡Coctelería sen alcol! . Non te esquezas o roupa de baño e gorro de piscina!
Cartel Festa na piscina
CAMPAÑA CRUZ VERMELLA: VOLTA AO COLE SOLIDARIOSe crees que necesitas material escolar para algún menor, ponte en contacto co departamento de Servizos Sociais do Concello de Irixoa antes do 5 de agosto de 2018. O horario é de luns a venres de 9 a 14 horas. Teléfono: 981793001
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14