SUBVENCIÓNS PEL-REACTIVA: AMPLIACIÓN DO PRAZO DE SOLICITUDESMediante resolución de Presidencia da Deputación da Coruña, autorizouse a ampliación do prazo de presentación de solicitudes de subvención dende o 27 de novembro de 2020, ata as 14:00 horas do día 4 de decembro de 2020.
Na sede electrónica do Concello de Irixoa está dispoñible a solicitude e o inicio do trámite para as persoas e empresas candidatas.
Sede electrónica Irixoa
III Concurso de postais de NadalEstablécense dúas categorías, de 3 a 7 anos e de 8 a 12 anos. Cada participante poderá presentar máximo dúas postais, presencialmente nas oficinas municipais ou por correo ordinario a Pazo de Irixoa, 6A 15313, Irixoa (A Coruña), neste caso xuntarase un formulario de entrega. O prazo de presentación será do 18 ao 30 de novembro. Mais información no tel. 981 793 001.
Cartel
Bases
Formulario
PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA "ÚNETE A NÓS CONTRA A VIOLENCIA"Dende o Concello de Irixoa anunciamos a posta en marcha da campaña contra a violencia de xenero “ÚNETE A NÓS CONTRA A VIOLENCIA”.
A violencia de xénero segue a ser unha constante na vida social , familiar e persoal contra a que estamos obrigadas/os a loitar na procura de solucións e farramentas que a fagan desaparecer. Cada acto, cada actividade, cada actitude que favoreza a súa erradicación fará que como persoas e como sociadade construamos un mundo mellor, máis igualitario, máis equilibrado e onde poidamos relacionarnos dende o que somos como persoas e non por unha definición marcada polo noso sexo ou o noso xénero.
Ante a situación sanitaria coa pandemia mundial que estamos a vivir este ano 2020 que nos impide realizar actos e actividades presenciais, presentamos dende SS.SS. do concello de Irixoa unha campaña que teña presenza nos medios telemáticos que temos ao noso alcance, e a través da súa páxina web deixar constancia que Irixoa rexeita a violencia de xénero.
A campaña durará todo o mes de novembro.
Iranse subindo cada semana á páxina web do concello contidos e referencias:
- audivisuais
- musicais
- poéticas
- literarias
Para que poidades ver, ler, visitar, escoitar cousas que se están a facer para contribuir a eliminar esta violencia contra as mulleres.
O día 25 de novembro faremos unha lectura, no exterior do concello, dun manifestó en contra da violencia de xenero. Acto ao que estades invitadas/os, respectando sempre as medidas de seguridade establecidas, que garantan a nosa saúde.
Por motivos legais, non podemos poñer directamente na páxina web os enlaces que levarían dun xeito directo á información que vos mostramos, polo que presentaremos os datos que vos axuden a atopalos nas redes sociais e na internet.
Grazas de antemán polo voso interés e participación.
Desexamos que esta iniciativa cumpra os seus obxectivos.
Cartel Deputación
Cartel Stop Violencia
VALORACION ASPIRANTES PARA BOLSA DE TRABALLO DE AUXILIARES DO S.A.FO tribunal calificador para a selección de novas/os candidatas/os para a incorporación á bolsa de traballo de auxiliares do servizo de axuda no fogar, reunido o 26 de agosto de 2020, realizou a valoración provisional de méritos que máis abaixo se anexa.
O prazo para efectuar alegacións é de 2 días hábiles (27 e 28 de agosto de 2020).
Acta de valoración
CONVOCATORIA COMPLEMENTARIA LISTAXE DE BOLSA DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE AUXILIARES S.A.F.No BOP do 10 de agosto de 2020, convócase a incorporación na listaxe para bolsa de contratacións de auxiliares do servizo da axuda no fogar (SAF), cun máximo de 12 meses por contratación e segundo as necesidades do concello, cunha vixencia que remata o 3-12-2022. O proceso selectivo será por concurso de méritos (experiencia profesional, residencia-coñecemento municipio, desemprego), sen prexuízo da posibilidade dunha entrevista. O prazo de presentación de instancias será de 10 días hábiles, ata o día 24 de agosto. As instancias poderanse presentar presencialmente en horario de 9 a 14:00 horas, ou na sede electrónica do concello.
Bases convocatoria bolsa SAF
Instancia solicitude