Novas
Concesión de subvención destinada á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía XuvenilA Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, en data 28/10/2025, aproba ao Concello de Irixoa a concesión dunha axuda, solicitada segundo a Orde de convocatoria, do 13 de agosto de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021 - 2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025.
Esta axuda esta cofinanciada nun 60% pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021 – 2027, dentro do Obxectivo político 4 “Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais”, Prioridade 5 “Emprego xuvenil”, Obxectivo específico ES04.1. “Mellorar o acceso ao emprego e a medidas de activación de todas as persoas demandantes de emprego, e en particular das persoas mozas, especialmente a través da aplicación da Garantía Xuvenil, dos desempregados de longa duración e os grupos desfavorecidos no mercado laboral, e das persoas inactivas, así como mediante a promoción do emprego por conta propia e a economía social”, e Medida 5.A.02. “Facilitar a mellora da empregabilidade das persoas mozas desempregadas”.
O Concello contratará un peón forestal con cargo a devandita subvención e consonte coa seguinte desagregación:
Número de Traballadores: 1
PEÓN FORESTAL CNO 9543
Duración do contrato (meses): 9 meses
Xornada laboral (%): 100
O obxectivo principal é mellorar a inserción laboral das persoas mozas participantes, e máis en concreto:
1.- Desenvolver as capacidades técnicas coas que contan nun entorno laboral real.
2.- Adquirir as habilidades necesarias para desenvolverse con solvencia nun entorno laboral real: a comunicación, o traballo en equipo, a intelixencia emocional, a resolución de problemas e a adaptabilidade.
3.- Construír unha carreira profesional que lles permita adquirir autosuficiencia económica.
Os resultados que se pretenden alcanzar co desenvolvemento deste programa, son entre outros:
a) Impulsar accións que axuden a reducir o desemprego xuvenil, mellorando as taxas actuais.
b) Aumentar as oportunidades dos mozos e mozas no mercado laboral a través do coñecemento adquirido no emprego, mellorando a súa empregabilidade.
c) Axudar a encontrar una oferta de emprego tras acabar os seus estudos ou quedar desempregados/as.
DEPUTACIÓN DA CORUÑA FOPPSS/2024O departamento de Servizos Sociais de Irixoa está cofinanciado, mediante aportación da Diputación da Coruña (FOPPSS/2024) nos conceptos de Educadora Social, Auxiliar Administrativa e Persoal auxiliar do programa de axuda a domicilio (libre concurrencia)
Cartel informativo
FEADER: EUROPA INVISTE NO RURALA Xunta de Galicia, por medio da Consellería do Medio Rural, subvenciona ao Concello de Irixoa para a execución da obra "Mejora de firma en Morgade y otros", por un importe de adxudicación de 138.703,16 euros, cun financiamento maioritario do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento RuraLl (FEADER), outra parte é financiada pola Xunta de Galicia, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Concello de Irixoa. A obra foi adxudicada é empresa EULOGIO VIÑAL OBRAS Y CONSTRUCCIONES S.A.
EUROPA INVISTE NO RURALA Xunta de Galicia, a través do AGADER, subvenciona ao Concello de Irixoa para a execución da obra "Mejora de firme vial Lousada de Arriba", por un importe de adxudicación de 63.285,55 euros, cun financiamento maioritario do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER); outra parte é financiada pola Xunta de Galicia, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Concello de Irixoa. A obra foi adxudicada a CONSTRUCCIONES PONCIANO NIETO S.L.
SUBVENCIÓN DEPUTACIÓN DA CORUÑA. PROGRAMA FOIC/2023O 3 de abril de 2024 a empresa STELLANTIS & YOU ESPAÑA S.A., entregou ao Concello de Irixoa un vehículo para o desprazamento do persoal de Servizo de Axuda no Fogar (SAF).
Trátase dun Citroën Berlingo, adxudicado en licitación pública á citada empresa, que está subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña, dentro do programa de vehículos para desprazamentos do persoal SAF (BOP 05/01/2023).
Orzamento de adxudicación: 21.622,89 €
Subvención Deputación: 20.000,00 €
BASES CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A FAMILIAS E ENTIDADES SEN FIN DE LUCRO 2023Sairon publicadas no BOP nº 75 do día 20 de abril de 2023 as bases da convocatoria de subvencións municipais para familias e entidades sen fin de lucro 2023 do Concello de Irixoa.
Poderán optar a estas subvencións as familias e as entidades ou asociacións xuridicamente constituídas e inscritas no
rexistro municipal de entidades veciñais do concello de Irixoa, e os comités organizadores.
O prazo para presentar as solicitudes é de 1 mes natural, computado dende o 20 de abril ao 19 de maio de 2023, ambos inclusive.
Bases
Solicitude
IMPLANTACIÓN DA XESTIÓN SEPARADA DA FRACCIÓN ORGÁNICA DOS RESIDUOS SÓLIDOS URBANOSOs concellos están obrigados a implantar a recollida selectiva da fracción orgánica dos residuos sólidos urbanos (contedor marrón); de xeito excepcional, para concellos de menos de 2.000 habitantes, permítese implantar un programa de compostaxe doméstica e/ou comunitaria; este sistema é o escollido polo Concello de Irixoa para a xestión da fracción orgánica, dadas as características do noso concello (dispersión, vivendas unifamiliares, carácter predominantemente agropecuario, etc.).
Mediante subvención da Consellería de Medio Ambiente (Xunta de Galicia), dentro dos fondos europeos NextGenerationEU, outorgou unha subvención ao concello para compra de composteiros e reparto aos veciños; esta subvención quedou establecida para as seguintes anualidades:
- 2022: 3.600 €, para un investimento de 4.000 €.
- 2023: 2.430 €, para un investimento de 2.700 €.
Grazas a esta subvención o concello e os veciños contribuirán a unha mellora medioambiental, con redución da cantidade de lixo producido e das viaxes de recollida, e farán máis sostible o servizo de recollida de lixo, tanto a nivel ambiental como económico.
Animamos aos veciños á participar activamente na implantación neste programa de xestión selectiva da materia orgánica, solicitando e instalando un composteiro nas súas parcelas residenciais.
Página
1 2