Novas
ANUNCIO DE SELECCIÓN DE ALUMNOS/AS PARA OBRADOIRO DE EMPREGOFaise público para xeral coñecemento que vai dar comezo un Obradoiro de Emprego na especialidade de “Atención socio sanitaria a persoas no domicilio”, a impartir entre os Concellos de Monfero, Aranga, Irixoa e Vilarmaior.
O obradoiro terá unha duración de doce meses. Impartirase formación teórica e práctica para a obtención dun certificado de profesionalidade de nivel 2 nesa especialidade.
Poderán participar 20 alumnos/as que deberán ter unha idade igual ou superior aos dezaoito anos, estar desempregados e inscritos como demandantes no Servizo Público de Emprego de Galicia nos códigos seguintes: 320 (Escola taller programas), 330 (Casa de Oficio), 340 “Obradoiros de emprego”; ou 370 “Outros programas de formación de emprego, formación dual” e cumprir cos requisitos de formación necesarios para o acceso a certificados de nivel 2
O alumnado seleccionado percibirá o salario mínimo interprofesional durante todo o período de formación.
Toda a información sobre o proceso estará a dispor das persoas interesadas nas oficinas municipais.
CURSO DE INCIACIÓN Á APICULTURAO concello de Irixoa organiza en colaboración coa Comunidade de Montes en man Común Monte do Raño e a apicola Penedo Redondo de Mántaras, un Curso de Iniciación á apicultura impartido pola Casa do Mel de Goente, As Pontes.
O curso impartirase no local do Carballo, Altos de Verís, os días 16, 17, 23 e 24 de xullo en horario de 09:00 a 14:00 horas e ten un prezo de 25 €. para as persoas empadroadas en Irixoa, e 50 € para as non empadroadas. Inscricións ata o día 8 de xullo, tel. 620349684.
RESERVA DE PRAZAS NA CASA DO NENO DE IRIXOAA casa do neno de Irixoa "Novo amencer" abre o prazo para a reserva de prazas para curso 2022-2023. A casa e un servizo particular para nenos e nenas de ata 3 anos empadroad@s en Irixoa. Tel. 699 549 483, Luz Trenco.
CONVOCATORIA BOLSA DE CONTRATACION TRACTORISTASNo BOP do 29 de marzo de 2022 publícase a convocatoria para a incorporación á listaxe de bolsa de contratación laboral de tractoristas.
Desta listaxe seleccionaranse para este ano 4 persoas para un periodo de 6 meses en xornada de 30 horas semanais.
Prazo para presentación de instancias: ata o 8 de abril de 2022
Lugar de presentación:
Oficinas do concello os días laborables en horario de 9 a 14 horas
Sede electrónica do concello as 24 horas (utilizarase o trámite "Solicitude xeral" anexando toda a documentación.
INSTANCIA
BASES
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16