Novas

I CONCURSO EN PROL DA IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado 31 de marzo fallouse o I Concurso en prol da igualdade e contra a violencia de xénero no que participaron o alumnado do CPI Virxe da Cela de Monfero.

Había 3 categorías según idades.

Na 1ª categoría a gañadora foi Elisa Fernández Vázquez coa obra "Alas para volar" e o premio será a impresión do seu debuxo sobre unhas mochilas que se entregarán a todo o alumnado do ciclo de Educación Infantil.

Na 3ª categoría o gañador foi Hugo Lucía Romero coa obra "Igualdade". O premio consistirá na impresión do seu debuxo sobre unhas libretas que se repartirán entre o alumnado da ESO.

A 2ª categoría quedou deserta xa que non se presentou ningún traballo.

NORABOA ÁS PERSOAS GAÑADORAS!

Fallo xurado

Alas para volar

Igualdade

 
CONVOCATORIA PARA A INCORPORACIÓN Á LISTAXE DE BOLSA DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE TRACTORISTAS

No BOP de 07/04/2021 convócase a incorporación na listaxe para bolsa de contratacións de TRACTORISTAS (desbroce de vías e instalacións municipais), cunha vixencia que remata o 1-6-2024.

Desta listaxe seleccionaranse as persoas para a contratación municipal anual: para o 2021 contrataranse 4 tractoristas por período de 6 meses a xornada de 30 horas semanais.

FUNCIÓNS: manexo de tractor e maquinaria de desbroce.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: 10 días naturais (dende o 7 ao 16 de abril de 2021), presencial en horario de 9 a 2, ou na Sede Electrónica do concello as 24 horas ().

DATA DAS PROBAS: 22 de abril de 2021.

DEREITOS DE EXAME: 16 €, que se ingresaran na conta municipal ES02 2080 0092 1631 1000 0018

BASES: aprobadas por acordo da Xunta de Goberno do 26-3-2021, estando a disposición do público nas dependencias municipais e na web oficial do concello (teléf. 981793001).

Bases da convocatoria

Instancia

 
8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (3)

Deixámosvos unha síntese para que reflexionedes sobre a igualdade real e a igualdade formal. Son o mesmo? Que diferencias hai? Que opinades vós?

Sobre a igualdade

 
8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (2)

O Concello de Irixoa adhírese á campaña do 8 de marzo da FEGAMP. Achégase pdf co manifesto.

Manifesto

 
RESTRICCIÓNS IRIXOA 05/03/2021

Irixoa segue en NIVEL DE RESTRICIÓN ALTA dende hoxe. ?Para consultar as restricións deste nivel prema na seguinte ligazón: ?? https://coronavirus.sergas.gal/Cont.../Nivel-Restricion-Alta ?Para ver as restricións por concello a lizazón é a seguinte: ?? https://coronavirus.sergas.es/Cont.../Restriccions-concellos ?? Ámbito territorial conxuntamente delimitado formado polos seguintes concellos da área sanitaria da Coruña: Aranga, Arteixo, Cambre, Carballo, Carral, A Coruña, Culleredo, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Miño, Muxía, Paderne, Sada, Vilasantar, Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Cee, Cerceda, Coirós, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Irixoa, Laxe, Oleiros, Oza-Cesuras, Sobrado, Vilarmaior, Vimianzo, Zas.

 
I Concurso de imaxe calendario

O xurado designado para a elección da imaxe gañadora do I Concurso de imaxe para o calendario municipal decidiu non outorgar o premio xa que soamente se presentou unha imaxe e considerou que non tiña a suficiente calidade.

 
SUBVENCIÓNS PEL-REACTIVA: AMPLIACIÓN DO PRAZO DE SOLICITUDES

Mediante resolución de Presidencia da Deputación da Coruña, autorizouse a ampliación do prazo de presentación de solicitudes de subvención dende o 27 de novembro de 2020, ata as 14:00 horas do día 4 de decembro de 2020.

Na sede electrónica do Concello de Irixoa está dispoñible a solicitude e o inicio do trámite para as persoas e empresas candidatas.

Sede electrónica Irixoa

 
AXUDAS PEL-REACTIVA

Publícanse as bases específicas reguladores das axudas do Concello de Irixoa adherido ao fondo de financiamento para a reactivación económica e social da provincia.

O prazo para presentación de solicitudes remata o 25 de novembro de 2020

Bases da convocatoria

Bases de la convocatoria

 
III Concurso de postais de Nadal

Establécense dúas categorías, de 3 a 7 anos e de 8 a 12 anos. Cada participante poderá presentar máximo dúas postais, presencialmente nas oficinas municipais ou por correo ordinario a Pazo de Irixoa, 6A 15313, Irixoa (A Coruña), neste caso xuntarase un formulario de entrega. O prazo de presentación será do 18 ao 30 de novembro. Mais información no tel. 981 793 001.

Cartel

Bases

Formulario

 
 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor