Novas
                        CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE TRACTORISTASNo Boletín Oficial da Provincia do 8 de maio sae publicada a convocatoria para a formación de listaxe de bolsa de contratación laboral temporal de tractoristas.
O prazo de presentación de instancias é dende o 11 ao 20 de maio de 2020 en horario de 9 a 14 se se fai de forma presencial no concello.
Previsión de contratación para 2020: 4 tractoristas en xornada de 30 horas semanais do 1 de xuño ao 31 de outubro de 2020.
A continuación publícanse as bases e a instancia de presentación de solicitudes.
Bases
Instancia
  
  
  VISEIRAS DE SEGURIDADE PARA A LOITA CONTRA O COVID-19No día de onte, Enrique Muñoz Cantero, veterinario que traballa na nosa localidade e tamén voluntario na fabricacion de material sanitario mediante impresión 3D, fixo entrega ao alcalde Antonio Deibe de viseiras de seguridade para o persoal do Servizo de Axuda no Fogar, dentro do programa de loita contra o COVID-19. GRAZAS, ENRIQUE, POLA TUA APORTACIÓN!
  
Campamento de Nadal 2019Celebración de Campamento de Nadal 2019
O Concello de Irixoa celebrará un campamento de Nadal para  nenos e nenas de 3 a 14 anos. Preinscrición do 11 ó 21 de Novembro. Máis información no Concello ou no teléfono: 981 793 001.
cartel Campamento de Nadal 
  
 
 
 
 
Espazo "Encontro coas familias"A Asociación socio-educativa Antonoy Gandoy organiza, coa colaboración do Concello de Irixoa o espazo "Encontro coas familias" . Un espazo de encontro semanal para nais e pais con crianzas menores de tres anos para reflexionar e debatir sobre educación, e compartir tempos e espazos lúdicos cos/as fillos e as fillas
Se queres participar achégate o día 7 de outubro ás 18:00 horas á Biblioteca Municipal.
Encontro coas familias
  
DOAZÓN DE SANGUEUnha unidade móbil de doazon de sangue estará instalada no campo da Festa de irixoa o día 7 de outubro de 16:00 a  a 21:00 horas. 
Cartel
  
Obradoiro de escritura creativaA través do Programa da Xunta de Galicia, Ler Conta Moito, o concello de Irixoa oferta o día 30 de setembro un obradoiro de escritura creativa na Biblioteca Municipal ás 11:00 horas. Este obradoiro de escrita funciona como unha receita.A través destes pasos, que son como ingredientes que van desde a inspiración á lectura pasando pola
escrita, descubrimos tanto o traballo que hai detrás dun texto como os elementos narrativos e como conxugalo todo
Cartel obradoiro
  
Página  
1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17