Novas
RAFTING POLO MIÑOO Domingo 9 de xullo desprazamanos ata Arbo, Pontevedra para realizar a actividade de Ragting, esta actividade consite en ir nunha balsa neumática “o raft”, as balsas descenden ao ritmo das olas entre a espuma dos rápidos.
Houbo traballo en equipo, diversión, emoción, risas e unha gran descarga de adrenalina.
Descendemos 9 quilómetros polo río Miño. A caída de auga non presentou ningún problema, xa que íamos ben equipados: casco, chaleco salvavidas, traxe de neopreno e un monitor@ presente en cada momento. Este foi o encargado de levar o “raft” `polas zonas máis apropiadas e os/as participantes soamente tivemos que seguir as súas instrucións para faciliar o seu labor e experimentar as mellores sensacións de baixar o río de augas bravas.
INCIDENCIAS NA RECEPCIÓN DA TDTAs operadoras de telefonía móvil están empezando a ofrecer servizos sobre a rede 4G na banda de 800 MHz, no término municipal de Irixoa, o que permitirá disfrutar de conexión móviles de alta velocidade cunha mellor cobertura no interior de edificios e maior extensión xeográfica.
A prestación dos servizos móviles nesta banda de 800 MHz pode afectar á recepción da señal de Televisión Dixital Terrestre (TDT).
Para solucionar estas afectacións y garantizar que a posta en servizo das estacións base de telefonía móvil non afecten á TDT, a entidade LLEGA800 leva a cabo as actuacións técnicas necesarias nas instalacións de recepción dos usuarios de TDT. Estas actuacións son de carácter gratuito para as persoas afectadas.
O número de teléfono gratuito ao que deben de chamar se teñen interferencias na recepción da señal de televisión é o 900 833 999.
Tamén poden contactar ou ampliar información a través da web www.llega800.es
O prazo para solicitar a asistencia gratuita finaliza o 31 de xullo de2017.
Tríptico informativo
PISCINAComeza a tempada das actividades acuáticas na piscina municipal de Monfero. Haberá dous cursos: un de iniciación dirixido a nen@s e outro, destinado a todas aquelas persoas maiores de 16 anos. Ditas actividades desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto.
Haberá transporte público e gratuito ata a piscina.
Pulsa aqui para ver cartel informativo
ACTIVIDADES DE VERÁNActividades de xuño-setembro 2017
Triptico actividades de aventura, actividades gratuítas, campamentos organizadas polo concello de Irixoa desde o mes de xuño ata o mes de setembro.
Actividades de aventura: rafting, aquapark, karts, parque multiaventura, etc.
Actividades gratuítas: rutas de sendeirismo, orientación, ruta cabalar, etc
Campamentos: madrugadores, campamento urbano, xantares
O prazo de inscirición será ata 5 días antes a cada actividade. Mais información e inscricións: 981 793 001
Tríptico actividades de verán
Actividades de aventura
Actividades gratuítas
Campamentos
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16