Novas
                         
 
 
CAMPAÑA CRUZ VERMELLA: VOLTA AO COLE SOLIDARIOSe crees que necesitas material escolar para algún menor, ponte en contacto co departamento de Servizos Sociais do Concello de Irixoa antes do 5 de agosto de 2018. O horario é de luns a venres de 9 a 14 horas. Teléfono: 981793001
  
PROCESO SELECTIVO EDUCADOR/A SOCIAL: VALORACIÓN DEFINITIVAUnha vez transcurrido o periodo para a presentación de reclamacións da valoración provisional de méritos no proceso de selección de 1 praza de educador/a social, o tribunal calificador pasou a analizar as reclamacións presentadas e publica a valoración definitiva de méritos así como a proposta da persoa seleccionada para a sua contratación.
Valoración definitiva
  
 
 
 
CAMPAMENTO VERÁN 2018Esta actividade está destinada a nenos e nenas de 3 a 15 anos e se desenvolverá no Polideportivo Municipal desde o 2 de xullo ao 31 de agosto en horario de 10:00 a 14:00 horas de luns a venres. O campamento terá un prezo de 20 € por quincena, haberá unha subvención dun 50% para os nenos e nenas empadroados. Farase un 10% de desconto as familias monoparentais e a aquelas nas que un so membro estea traballando.
Máis información e inscricións tel. 981 793 001.
Campamento 2018
  
 
Página  
1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17