Novas

CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE SUBSTITUCION DE EDUCADOR/A FAMILIAR

Por acordo da Xunta de Goberno Local do 11 de marzo de 2022, apróbanse as bases para a contratación laboral temporal urxente de 1 educador/a familiar polo sistema de concurso de méritos.

Bases convocatoria

Instancia

 
SELECCIÓN DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR 2022 (PERSOAL LABORAL TEMPORAL)

Por resolución da alcaldía do 9 de marzo de 2022, apróbanse as bases para a contratación de 1 auxiliar do servizo de axuda no fogar (SAD) e procédese á convocatoria para a contratación mediante o chamamento telefónico ás persoas incluídas nas remisións de currículos por parte do Servizo Público de Emprego.

Bases da convocatoria

 
Reis Magos 2021

O día 5 de xaneiro os Reis Magos realizarán un recorrido por Irixoa a partir das 15:30 horas.

Se queres que pasen pola túa casa anótate no Concello ata o día 29 de decembro, tel. 981 793 001.

Cartel Reis Magos

 
25N Conmemoración do día contra a violencia de xénero

O día 25 de novembro conmemorase o día mundial contra a violencia de xénero.

Únete a nós e rexeita esta lacra. Deixa a túa pegada no cartel das dependencias do Concello planta baixa.

Repartimos bolsas de tea e camisetas en negro contra a violencia de xénero.

Fotos 25N

Sementando vida (poema de Adelaida Abad)

 
Xuntos polo Nadal 2021

Xuntos polo Nadal 2021

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias. Presentación de solicitudes ate o 15 de Novembro de 2021. Máis información nos Servizos Sociais Municipais ou no teléfono 981 793 001.

Xuntos polo Nadal

 
 
LISTAXE ALUMNADO TRABALLADOR

Con data 15 de outubro, o Concello de Aranga publicou a listaxe de candidatos admitidos e excluidos ao proceso de selección do equipo directivo, docente e de apoio do obradoiro de emprego “Actividades de conservación e mellora forestal 2021”.

Complementariamente, publícase tamén na web do Concello de Irixoa para maior difusión e coñecemento das persoas interesadas no proceso de selección.

Listaxe

Baremo + solicitude

 
ADMITIDOS E EXCLUIDOS PERSOAL OBRADOIRO

Con data 18 de outubro, o Concello de Aranga publicou a listaxe de candidatos admitidos e excluidos ao proceso de selección do equipo directivo, docente e de apoio do obradoiro de emprego “Actividades de conservación e mellora forestal 2021”.

Complementariamente, publícase tamén na web do Concello de Irixoa para maior difusión e coñecemento das persoas interesadas no proceso de selección.

LISTAXE ADMITIDOS-EXCLUIDOS

 
LISTAXE DAS PERSOAS CANDIDATAS Á SELECCIÓN DO PERSOAL DO EQUIPO DIRECTIVO, DOCENTE E DE APOIO DO OBRADOIRO DE EMPREGO “ACTIVIDADES DE CONSERVACIÓN E MELLORA FORESTAL 2021”

As persoas candidatas teñen un prazo de 2 días hábiles, dende o día seguinte á publicación desta listaxe, no taboleiro de anuncios da web do Concello de Aranga, para presentar a súa solicitude e a documentación que acredite os méritos que queren alegar para participar no proceso selectivo, segundo as bases publicadas no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Aranga e das webs dos concellos de Aranga, Irixoa, Monfero e Vilarmaior.

Listaxe

 
BASES PARA A SELECCION DE PERSOAL OBRADOIRO DE EMPREGO

Publícanse para a sua difusión as bases que rexerán a selección de alumnado traballador/a e do persoal do Obradoiro dual de emprego "Actividades de conservación e mellora forestal 2021" promovido polos Concellos de Aranga, Irixoa, Monfero e Vilarmaior.

Bases da selección

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor