Novas

Reis Magos 2021

O día 5 de xaneiro os Reis Magos realizarán un recorrido por Irixoa a partir das 15:30 horas.

Se queres que pasen pola túa casa anótate no Concello ata o día 29 de decembro, tel. 981 793 001.

Cartel Reis Magos

 
25N Conmemoración do día contra a violencia de xénero

O día 25 de novembro conmemorase o día mundial contra a violencia de xénero.

Únete a nós e rexeita esta lacra. Deixa a túa pegada no cartel das dependencias do Concello planta baixa.

Repartimos bolsas de tea e camisetas en negro contra a violencia de xénero.

Fotos 25N

Sementando vida (poema de Adelaida Abad)

 
Xuntos polo Nadal 2021

Xuntos polo Nadal 2021

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias. Presentación de solicitudes ate o 15 de Novembro de 2021. Máis información nos Servizos Sociais Municipais ou no teléfono 981 793 001.

Xuntos polo Nadal

 
 
LISTAXE ALUMNADO TRABALLADOR

Con data 15 de outubro, o Concello de Aranga publicou a listaxe de candidatos admitidos e excluidos ao proceso de selección do equipo directivo, docente e de apoio do obradoiro de emprego “Actividades de conservación e mellora forestal 2021”.

Complementariamente, publícase tamén na web do Concello de Irixoa para maior difusión e coñecemento das persoas interesadas no proceso de selección.

Listaxe

Baremo + solicitude

 
ADMITIDOS E EXCLUIDOS PERSOAL OBRADOIRO

Con data 18 de outubro, o Concello de Aranga publicou a listaxe de candidatos admitidos e excluidos ao proceso de selección do equipo directivo, docente e de apoio do obradoiro de emprego “Actividades de conservación e mellora forestal 2021”.

Complementariamente, publícase tamén na web do Concello de Irixoa para maior difusión e coñecemento das persoas interesadas no proceso de selección.

LISTAXE ADMITIDOS-EXCLUIDOS

 
LISTAXE DAS PERSOAS CANDIDATAS Á SELECCIÓN DO PERSOAL DO EQUIPO DIRECTIVO, DOCENTE E DE APOIO DO OBRADOIRO DE EMPREGO “ACTIVIDADES DE CONSERVACIÓN E MELLORA FORESTAL 2021”

As persoas candidatas teñen un prazo de 2 días hábiles, dende o día seguinte á publicación desta listaxe, no taboleiro de anuncios da web do Concello de Aranga, para presentar a súa solicitude e a documentación que acredite os méritos que queren alegar para participar no proceso selectivo, segundo as bases publicadas no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Aranga e das webs dos concellos de Aranga, Irixoa, Monfero e Vilarmaior.

Listaxe

 
BASES PARA A SELECCION DE PERSOAL OBRADOIRO DE EMPREGO

Publícanse para a sua difusión as bases que rexerán a selección de alumnado traballador/a e do persoal do Obradoiro dual de emprego "Actividades de conservación e mellora forestal 2021" promovido polos Concellos de Aranga, Irixoa, Monfero e Vilarmaior.

Bases da selección

 
ACTIVIDADES MUNICIPAIS CURSO 2021-2022

Retomamos as actividades municipais para este curso. O prazo de inscrición estará aberto ata o 30 de setembro e darán comezo o 4 de outubro. Para a inscrición haberá que entregar unha solicitude da que se adxunta un modelo no rexistro xeral do Concello. Mais información na Casa do Concello ou no tel. 981793001

Folla de inscrición actividades municipais

Tríptico actividades municipais curso 2021-2022

 
CURSO FORMATIVO SOBRE XESTIÓN INTEGRAL DE PIÑEIROS

O Concello de Irixoa colabora coa empresa FORESIN no desenvolvemento dun curso formativo teórico práctico para aprender a facer unha xestión integral de piñeiros.

O que se pretende co mesmo é ensinar as diferentes actividades complementarias co aproveitamento da madeira: a resina, os cogomelos e o gando.

O curso curso terá lugar entre o 24 de setembro e o 30 de outubro no Local social de Verís Baixos os venres de 15:00 a 19:00 horas e os sábados de 10:00 a 14:00 horas.

Esta acción está impulsada pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria e aprobada dentro do Plan de Transferencia ao agro galego 2021.

Se che interesa a participación neste curso, reserva a túa praza na dirección de correo información@foresin.es ou chamando ao 680 20 83 20.

FICHA DO CURSO

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor