Novas

Obradoiro Saberes en Común

Obradoiro Saberes en Común

Saberes en Común é un obradoiro para compartir e aprender xuntas. Neste grupo pensaremos sobre o valor histórico fundamental que tiveron os traballos e os saberes que tradicionalmente desenvolvemos as mulleres. Esta é unha oportunidade para poñer en valor os saberes que nos transmitiron as nosas avoas, as nosas nais, as nosas veciñas, as mulleres das nosas vidas. Xoves 29 de maio e 5 de Xuño. De 10 a 12 horas. Biblioteca municipal de Irixoa. Inscricións en Servizos Sociais municipais ou no teléfono 981 793 001.

cartel Arabias

 
Obradoiro de Intervención dirixida a nais, pais e titores legais.

Debido a falta de participación cancélase o Obradoiro preventivo de intervención dirixido a pais, nais e titores legais deste xoves 15 de maio.

 
Obradoiro de Intervención dirixida a nais, pais e titores legais.

Obradoiro de Intervención dirixida a nais, pais e titores/as legais.

Nova programación do Obradoiro preventivo impartido por ADAFAD. “Desenvolvemento evolutivo 2, de 4 a 6 anos de idade" Ultima data, xoves 5 de xuño ás 161.30 horas. Biblioteca municipal de Irixoa. Necesaria inscrición previa nos Servizos Sociais Municipais ou no teléfono 981 793 001.

cartel ADAFAD

 
POS + AD1

Investimentos e gastos financiados no POS+ pola Deputación de A Coruña.

(+ Información )

financiación provincial POS + Ad1 gastos sociais

 
Nova programación Obradoiro preventivo ADAFAD

Nova programación do Obradoiro preventivo impartido por ADAFAD. Xoves 15 de maio ás 16.30. Necesaria inscrición previa nos Servizos Sociais Municipais ou no teléfono 981 793 001.

cartel ADAFAD

 
Cancelación Obradoiro preventivo de intervención

Debido a falta de participación cancélase, ata nova reprogramación, o Obradoiro preventivo de intervención dirixido a pais, nais e titores legais.

 
XXI ENCONTRO DAS PERSOAS MAIORES

Data de celebración: 10 de maio de 2025.

Lugar de celebración: Polideportivo Municipal.

Máis información tél. 981 793 001.

Inscricións do 14 ao 30 de abril.

 
Obradoiro de Intervención dirixida a nais, pais e titores legais.

Obradoiro de Intervención dirixida a nais, pais e titores/as legais.

Este taller ten por obxectivo promover en pais, nais e titores/as legais a reflexión sobre aspectos relacionados co desenvolvemento evolutivo de nenas e nenos de 0-3 anos con fin preventivo. Luns, 28 de Abril ás 16.30 na Biblioteca Municipalde Irixoa Impartido por ADAFAD e financiado polo PACTO DE ESTADO contra a violencia de Xénero. Actividade en coordinación co Concello de Aranga. Necesaria inscrición previa no teléfono981 793 001 ou nos Servizos Sociais Municipais.

 
Liquido e trampas Vespa veluntina

Coa chegada de primavera as raíñas de vespa velutina saen do seu letargo e comenzan a construír niños primarios que despois se transformarán en niños secundarios. Para intentar frear esta praga é primordial a eliminación das raíñas, xa que será un niño menos. Por iso desde o concello de Irixoa proporcionamos líquido atraente para tentar eliminar o maior número de raíñas. As persoas interesadas en colaborar poden acudir ao concello,ata finais de maio, tanto por líquido atraente como por trampas, preguntar por Carlos, tel 981 793 001.

 
Festa de Entroido 2025

No Concurso de disfraces realizado o pasado 4 de marzo en Irixoa resultaron gañadores/as:

Categoria Individual-Parellas

1º Premio: Bartolo que susuraba ao Jabalí

2º Premio: Fregoneitor´s

3º Premio: Purple Monster

Categoría Grupos

Baixo o mar

Medote Marchoso

Furbys

Noraboa a tod@s @s premiad@s¡

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor