Novas

INFORMACIÓN LUMEIRADAS DE SAN XOÁN

Infórmase ás persoas que presentaron no Concello a declaración responsable para realizar a lumeirada de San Xoan, que o índice de risco de incendio forestal (IRDI) publicado na web da Consellería de Medio Rural actualizado o 22 de xuño é de ALTO. Isto significa que, salvo indicación en contrario do Concello ou do Servizo Provincial de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, NON HAI IMPEDIMENTO para que se poida realizar a lumeirada sempre que se garden as medidas preventivas indicadas no reverso da propia declaración e o índice de risco non varíe a EXTREMO. Sitio web para consultar o IRDI actualizado

 
PISCINA

Dentro das actividades de verán que organiza o Concello de Irixoa este ano teremos cursos de natación tanto para nen@s como para maiores na piscina municipal de Monfero. Serán tres cursos; Iniciación, Perfeccionamento e Actividades acuáticas para maiores. Haberá transporte público e gratuito ata a piscina.

Cartel Informativo

Folla de Inscrición cursos

 
O Concello de Irixoa colabora na difusión do proxecto “Empoderamento da muller con cancro de mama”

O Servizo de Oncoloxía Médica do CHUAC, en colaboración coa Deputación da Coruña, ten como un dos seus obxectivos preferentes acercar ao paciente oncolóxico a filosofía da sanidade participativa e os seus beneficios. O concello de Irixoa está integrado na área de acción do proxecto ´Empoderamento da muller con cancro de mama´ do Servizo Galego de Saúde, que ten como obxectivos principais: Desenvolver ferramentas que faciliten a autoxestio´n da sau´de por parte das doentes diagnosticadas de cancro de mama. Presentar ferramentas que faciliten unha sau´de de calidade e prevencio´n das secuelas da enfermidade e os seus tratamentos. Participacio´n da doente con cancro na poli´tica sanitaria, para unha abordaxe sustentable do tratamento do cancro garantindo a calidade asistencial. Propon~er iniciativas conxuntas para mellorar o acceso da cidadani´a ao sistema pu´blico de sau´de. O 24 de maio de 2018 terá lugar no Pazo de Mariñán a partir das 15:45 unha xornada de divulgación dirixida a aquelas mulleres diagnosticadas de cancro de mama, que se centrará nas patoloxías, nos hábitos de saúde e cambios de conduta, así como na ampliación do horizonte persoal. A esta reunión están convidadas a acudir as mulleres diagnosticadas de cancro de mama longo sobreviventes e as asociación e membros das asociación de doentes, nos que varios especialistas abordarán entre outros aspectos, os psicolóxicos, a sexualidade, a fertilidade e o embarazo, o impacto social, a fisioterapia e coidados de pel.

Programa Xornada

 
NOVA APP DE INFORMACION MUNICIPAL

O Concello de Irixoa pon a disposición da veciñanza un novo servizo municipal: “Irixoa Informa”. A partir de agora todos os bandos, anuncios, noticias e información municipal do Concello poderá ser recibida de forma inmediata a través do seu móbil. O servizo está disponible para os sistemas operativos Android e iOs. As persoas que non dispoñan de terminais compatibles, como os que usen Blackberry ou Windows Phone, poden consultar toda a información municipal que o concello publique dende a páxina web adaptada para dispositivos móbiles www.bandomovil.com/irixoa .

Ver detalles de instalación

 
Campaña de esquí da Deputación da Coruña

Campaña da Deputación da Coruña na que os nenos e nenas nados nos anos 2003,2004,2005,2006 e 2007 poderán gozar de catro días, do 23/02 ao 26/02 de 2018 de actividades de neve na estación invernal de Cabeza de Manzaneda. O Concello de Irixoa ten adxudicadas 3 prazas, os nenos e nenas interesados poderán anotarse ata o día 16 de xaneiro no concello ou no tel. 981 793 001.

Cartel Deputación

Cartel esqui

Triptico e folla inscrición

 
RESTRICCIONS DE CONSUMO NO ABASTECEMENTO DE AUGA MUNICIPAL

A ausencia de choiva está afectando negativamente tanto ao caudal dos mananciais como ás reservas de auga dos depósitos do abastecemento municipal. Para poder garantir a continuidade do subministro, o concello vai empezar o 30 de novembro de 2017 a facer cortes programados do subministro entre as 11 da mañá e as 6 da tarde. Desde a alcaldía, requírese á veciñanza para que faga un uso racional e responsable da auga da rede de abastecemento.

 
CAMPAÑA DE VERÁN 2017 DA XUNTA DE GALICIA

Campaña de verán 2017

A Consellería de Política Social ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal moi diversas: de carácter cultural, ambiental, deportivo, de tempo libre, de voluntariado... que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o seu enriquecemento persoal e vital. A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pretende facer realidade este obxectivo a través da Campaña de verán 2017. Así mesmo, en aplicación do principio de transversalidade das políticas en materia de discapacidade e co obxectivo de que a inclusión social sexa unha realidade ao tempo que se favorece a interacción e a convivencia entre toda a mocidade, na presente Campaña de verán, as mozas e mozos galegos con discapacidade, en función das limitacións que presenten, poderán decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión. A Campaña de verán está composta por diferentes áreas de participación, que se desenvolven nos meses de xullo e agosto, tanto en Galicia coma noutras comunidades autónomas e no estranxeiro. Prazo de presentación de solicitudes: 18/04/2017 - 02/05/2017

Descarga a informacion sobre os campamentos

 
PRESTACION ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE 3 ANOS

A Consellería de Política Social acaba de convocar a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos. O prazo de solicitude abrangue do 4 de abril ao 29 de maio, ambolos dous incluidos. Persoas beneficiarias: - Persoas con fillos/as menores de 3 anos (nados entre o 02/01/2014 e o 01/01/2017 incluidos) - Fillos/as adoptados/as ou acollidos/as entre o 31/12/2015 e o 31/12/2016. Serán beneficiarias desta prestación aquelas persoas que non teñan feita a declaración da renda do exercicio 2015. Máis información no Departamento de Servizos Sociais do concello.

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor