Novas
CITA PREVIACita previa para atención presencial
Ante os aumentos dos casos de COVID-19 e as restinciónS da Xunta de Galicia para realizar calquera trámite no Concello haberá que pedir cita previa.
Tel. 981 703 001 ou na sede electrónica do Concello de Irixoa https://sede.irixoa.es/opencms/gl/cita/index.html
RUTAS E HORARIOS TRANSPORTE PÚBLICO A BETANZOSMONBUS, xestora da concesión de transporte XG871 (Norte da comarca de Betanzos, sur da de Ferrol e oeste da de Eume) informa das rutas de transporte e horarios que pasan polo concello de Irixoa.
Calquera persoa viaxeira que precise máis información, pode solicitala por teléfono (982292900), email (info@monbus.es) ou a través das redes sociais (Facebook, Twitter ou Instagram).
Rutas e horarios
Reis Magos 2021Este ano ante a pandemia que estamos a vivir non se pode realizar a Festa de Reis, por iso as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente realizarán un recorrido polos distintos lugares do Concello de Irixoa onde residan nenos ou nenas menores de 16 anos. As súas maxestades levarán un agasallo personalizado polo que os nenos e as nenas terán que anotarse ata o día 28 de decembro no tel. 981 793 001.
CONFINAMENTO DE SOSPEITOSOS DE COVID-19 NA CASADebido á evolución moi negativa da pandemia do coronavirus no concello, recórdase a prohibición dos sospeitosos por síntomas, e contactos directos con positivos de COVID-19 de permanecer en lugares públicos, sendo obriga destas persoas quedar confinados nas súas casas.
Apelamos á responsabilidade individual de cada persoa, que redundará no ben de toda a comunidade.
Incumprir esta obriga dará lugar á oportuna denuncia e sanción polo concello ou autoridade competente.
Igualmente informamos que calquera veciño/a de Irixoa confinado que o necesite, cando precise axuda (alimentos, mediciñas, …) deberá chamar ao concello para solucionar a súa demanda.
Bando Alcaldía
MANIFESTO 25NHoxe, 25 de novembro conmemorase un ano máis o día contra a violencia de xénero.
Dende o Concello de Irixoa expoñemos o noso rexeitamento ás actitudes que provocan morte e sufrimento ás mulleres.
Estaba prevista a lectura pública dun manifesto, que dadas as circunstancias actuais que estamos a vivir estes días no Concello en relación ao covid-19 vemos prudente suspender a dita lectura.
Este manifesto queda colgado nesta páxina web. Esperamos a vosa solidaridade.
Moitas grazas.
Manifesto 25N
I Concurso de deseño de imaxe para calendario municipalO Concello de Irixoa convoca o I Concurso de deseño de imaxe para o calendario municipal. O tema do deseño gardará relación con lugares emblemáticos, patriomonio cultural, natural, herdanza cultural, tradicións... do Concello de Irixoa. Poderan ser fotografías dixitais, imaxes creadas dixitalmente, montaxes fotográficas dixitais…
Poderán participar do 18 ao 30 de novembro os/as maiores de 13 anos, empadroados/as en Irixoa ou estudantes do CPI Virxe da Cela.
Envíarase un correo a escolares.irixoa@gmail.com cunha imaxe en formato jpeg ou png, e un formulario cos datos da persoa participantes e o título da obra.
Máis información no tel. 981 793 001.
Cartel
Bases
Formulario adultos
Formulario menores
ÚNETE A NÓS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: 1ª semana de entregaA información que vos mostramos no pdf adxunto é unha proposta.
Gustaríanos saber a túa opinión e que nos devolvas o teu "feedbak".
Se coñeces máis libros, películas, poemas, ou calquera outro material que queiras compartir estaríamos encantadas de recibir a túa proposta.
O podes facer a través do seguinte correo electrónico:
servizos.sociais@irixoa.es.
Documento 1ª semana
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21