Novas
25N Contra a Violencia de Xénero 25N Contra a Violencia de Xénero
Este luns día 25 de Novembro ás 13.00 horas non Salón de Plenos do Concello
terá lugar un acto público de repulsa contra a Violencia de Xénero e apoio ás víctimas. Terá lugar a lectura dun manifiesto e a celebración dun minuto de silencio por honra e recordo das vidas perdidas. Acto aberto ó público.
CAMPAÑA DE INVERNO 2020Campaña de inverno que realiza a Deputación da Coruña para rapaces/zas empadronados no Concello, de 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2020). Os participantes gozarán de 4 días na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, ademáis dos cursiños de esquí, contarán con actividades complementarias.
Mais info. Concello de Irixoa ou no Tel. 981 793 001
Cartel Informativo
II Concurso de Postais de Nadal II Concurso de Postais de Nadal Concello de Irixoa
Hoxe 8 de Novembro, o Tribunal fallou o II Concurso de Postais de Nadal do Concello de Irixoa, resultando gañadores:
Miriam Pena Pérez, na cateogría de 4-7 anos e Andrea Buján Freire na categoría de 8-12.
A categoría de 13-16 anos quedou deserta.
As postais gañadoras serán utilizadas para a decoración da felicitación de Nadal e o calendario anual, respectivamente.
Máis información no Concello de Irixoa e no teléfono: 981 793 001.
II Concurso de Postais de Nadal
Obradoiro Uso da Medicación e Primeiros Auxilios Obradoiro Uso da Medicación e Primeiros Auxilios
Celebración de Obradoiro de uso da medicación e Primeiros Auxilios o día 7 de Novembro de 17.00 a 20.00 horas na Biblioteca Municipal de Irixoa. Impartido por 061. Necesaria inscrición previa para a recepción de material. Máis infomación e inscricións en Servizos Sociais ou no teléfono 981 793 001.
cartel Obradorio Primeiros Auxilios
ACTUACIÓN "SOÑANDO INVENTEI"Actuación na biblioteca municipal o día 22 de outubro ás 12:00 horas dirixida a familias con crianzas de 0 a 3 anos. Esta actuación está incluída no Programa da Xunta de Galicia para programación de actividades de dinamización á lectura que promovan a igualdade entre homes e mulleres e/o a loita contra a violencia de xénero.
Soñando inventei
II Concurso de Postais de Nadal II Concurso de Postais de Nadal Concello de Irixoa
Celébrase o II Concurso de Postais de Nadal do Concello de Irixoa. Presentación de postais nas oficinas do Concello do 21 ao 31 de Outubro. Diferentes categorías de premios. Máis información no Concello de Irixoa ou no teléfono: 981 793 001.
II Concurso de Postais de Nadal
DÍA DO DEPORTEO día 19 de Outubro a partir das 18h no polideportivo de Irixoa teremos inchables, xogos, obradoiros... Para participar haberá que inscribirse no Concello, ás persoas que estean inscritas no día da bici non terán que volver a inscribirse. Mais información no Concello ou no telf. 981 793 001. Inscricións nas oficinas municipais.
Cartel
Folla de Inscrición menores
DÍA DA BICIO día 19 de Outubro teremos o tradicional día da bici no que partiremos do Concello as 16h e regresaremos sobre as 18h aprox. Tratase dunha ruta circular apta para todas as idades os/as menores de 8 anos irán acompañados/as dunha persoa adulta. Imprescindible o uso de casco. Inscricións ata o 11 de Outubro no Concello
Cartel Informativo
Folla de Inscrición adultos
Folla de Inscrición menores
Abastecemento de auga a Cela - MántarasCo obxecto de darlle publicidade, publícase o convenio de colaboración entre a Excma. Deputación da Coruña e o Concello de Irixoa polo que se instrumenta unha subvención nominativa para o cofinanciamento das obras de abastecemento a Cela - Mántaras.
Convenio abastecemento Cela
ACTIVIDADES MUNICIPAIS CURSO 2019-2020Abrese o prazo para inscribirse nas actividades deportivas, culturais e sociais que o Concello de Irixoa oferta para o curso 2019-2020.
O prazo de inscrición esta aberto ata o día 27 de setembro. As actividades darán comezo o día 1 de Outubro excepto Facendo Memoría que iniciará o curso o 30 de setembro.
Para a inscrición haberá que entregar unha solicitud da que se adxunta un modelo no rexistro xeral.
Máis información na Casa do Concello ou no tel. 981 793 001
Folla de inscrición
Tríptico actividades municipais
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19