Novas
MANIFESTO 25NHoxe, 25 de novembro conmemorase un ano máis o día contra a violencia de xénero.
Dende o Concello de Irixoa expoñemos o noso rexeitamento ás actitudes que provocan morte e sufrimento ás mulleres.
Estaba prevista a lectura pública dun manifesto, que dadas as circunstancias actuais que estamos a vivir estes días no Concello en relación ao covid-19 vemos prudente suspender a dita lectura.
Este manifesto queda colgado nesta páxina web. Esperamos a vosa solidaridade.
Moitas grazas.
Manifesto 25N
I Concurso de deseño de imaxe para calendario municipalO Concello de Irixoa convoca o I Concurso de deseño de imaxe para o calendario municipal. O tema do deseño gardará relación con lugares emblemáticos, patriomonio cultural, natural, herdanza cultural, tradicións... do Concello de Irixoa. Poderan ser fotografías dixitais, imaxes creadas dixitalmente, montaxes fotográficas dixitais…
Poderán participar do 18 ao 30 de novembro os/as maiores de 13 anos, empadroados/as en Irixoa ou estudantes do CPI Virxe da Cela.
Envíarase un correo a escolares.irixoa@gmail.com cunha imaxe en formato jpeg ou png, e un formulario cos datos da persoa participantes e o título da obra.
Máis información no tel. 981 793 001.
Cartel
Bases
Formulario adultos
Formulario menores
ÚNETE A NÓS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: 1ª semana de entregaA información que vos mostramos no pdf adxunto é unha proposta.
Gustaríanos saber a túa opinión e que nos devolvas o teu "feedbak".
Se coñeces máis libros, películas, poemas, ou calquera outro material que queiras compartir estaríamos encantadas de recibir a túa proposta.
O podes facer a través do seguinte correo electrónico:
servizos.sociais@irixoa.es.
Documento 1ª semana
MATERIAL DE PROTECCIÓN PARA O ESTUDANTADO EMPADROADO EN IRIXOAA partir do día 14 de outubro en horario de 9:00 a 14:00 horas os/as estudantes empadroados/as no Concello de Irixoa porderán recoller nas oficinas municipais un pack de material de protección contra o COVID-19 consistente en 5 máscaras reutilizables de tela (20 lavados), un portamáscaras e un xel.
Máis información no tel. 981 793 001
Cartel
SESIÓN INFORMATIVA BOAS PRÁCTICAS NA PREVENCIÓN DO COVID-19Charla impartida polo persoal do SERGAS Flavia Polanco e Salvador García coa colaboración do Concello de Irixoa.
Celebración o 13 de xullo de 17.00 a 18.30 horas no Polideportivo Municipal .
Aforo limitado.
Inscrición previa imprescindible nos Servizos Sociais do Concello de Irixoa ou no teléfono 981 793 001.
Todos/as os/as asistentes deberán acudir provistos de mascarilla e respetando as rigurosas medidas de distanciamento.
Dende o Centro de Saúde de Irixoa, elaboraron un video sobre as boas prácticas de hixiene preventiva.
VER VÍDEO
VER CARTEL
CAMPAMENTO URBANOCampamento urbano do día 20 de xullo ao 4 de setembro
Campamento urbano destinado a nenos e nenas de 3 a 14 anos, desde o día 20 de xullo ao 4 de sembro. Preinscición ata o día 14 de xullo. Máis información e preinscrición tel. 981 793 001.
Cartel
LUMINARIAS DE SAN XOAN E SAN PEDROEstá aberto o prazo para comunicar a celebración de fogueiras para a noite do 23 de xuño (San Xoan) ou para a noite do 28 de xuño (San Pedro).
As persoas interesadas deberán de cumplimentar e asinar unha declaración responsable no modelo facilitado polo concello, xunto cunha copia do DNI e un plano catastral no que se marcará a situación exacta da fogueira.
A presentación da declaración responsable farase no Rexistro xeral do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.
Tamén se poderá presentar a través da sede electrónica utilizando o Trámite de Solicitude Xeral e anexando o modelo de declaración responsable cumplimentado.
A sede electrónica está en funcionamento as 24 horas do día.
A data límite de presentación é
22 de xuño ás 13:00 para a luminaria de San Xoán
26 de xuño ás 13:00 para a luminaria de San Pedro
Descargar declaración responsable
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20