Novas

PROGRAMA DA TVG QUEN ANDA AÍ?

Se queres asistir como público do programa Quen anda aí? da TGV o día 2 de febreiro anótate no Concello de Irixoa ata o día 26 de xaneiro. Tel. 981 793 001.

 
Festa de Reis

As súas maxestades os Reis Magos de Oriente visitarán Irixoa o día 5 de xaneiro. Os nenos e nenas poderán agardar a súa chegada no Polideportivo Municipal a partir das 16:30 horas nunha festa na que haberá inchables, xogos, obradoiros, chocolate con roscón.

 
Contacontos Moc Moc "O axudante do Nadal"

Esta actuación está incluida no convenio do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Compañía: Moc Moc espectáculos

Obra: O axudante do Nadal

Día: 4 de xaneiro

Lugar: Biblioteca Municipal

Hora: 11 horas

Haberá que anotarse no tél. 981 793 001 (as nenas e os nenos anotad@s no campamento non terán que anotarse)

 
Actuación Xarope Tulú "A Lingoreteira"

O día 2 de xaneiro realizará a actuación A lingoreteira a compañía Xarope Tulú. Achegádevos que imos botar a lingua a pacer! Lingoreteira é un espectáculo para público familiar que combina a narración oral, a música e a manipulación dun monicreque. En escena, unha narradora e un músico fánnos viaxar por novos vieiros a partir da música e a palabra. Esta actuación está incluida no convenio do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Compañía: Xarope Tulú

Obra: A Lingoreteira

Día: 2 de xaneiro

Lugar: Biblioteca Municipal

Hora: 12 horas

Haberá que anotarse no tél. 981 793 001 (as nenas e os nenos anotad@s no campamento non terán que anotarse)

 
IV CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

GAÑADORES/AS CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL Onte reuniuse o xurado para elexir entre as postais de Nadal presentadas as/os gañadoras/es do VI Concurso de postais de Nadal do Concello de Irixoa, resultando gañadoras as postais de: Categoría de 3 a 5 anos: Manu Riobo Bonome Categoría de 6 a 8 anos: Manuela Vidal Cal Categoría de 9 a 12 anos Emma Pérez López Noraboa a tod@s s premiad@s, A elección foi dificil xa que se presentaron moitas postais.

 
Actuación de Vero Rilo "Cacho animalada"

A narradora Vero Rilo realizará a actuación de narración oral CHACHO ANIMALADA! . Sesión de narración oral e música para público infantil e as súas familias. Vero Rilo vai acompañada da guitarra e voz de Luis Iglesias. Día: 27 de decembro Lugar: Biblioteca Municipal de Concello de Irixoa Hora: 12:00 Será necesaria inscrición: tél. 981 793 001 Os nenos e as nenas que están anotad@s no campamento de Nadal non necesitarán inscribirse. Está actuación está financiada no programa de Deputación Provincial da Coruña, Rede Cultural Cultura da Deputación da Coruña

 
Campamento de Nadal

Campamento destinado a nenas e nenos de 3 a 14 anos, desde o día 26 de decembro ao 5 de xaneiro, de luns a venres, de 9:30 a 14:00 horas. Prezo, 30 €, nen@s empadroad@s subvención de 15 €. Máis información tel. 981 793 001, inscricións no formulario https://forms.gle/8dJyrfgp44JYMXr89.

 
Excursión iluminacion navideña Vigo

Excursión a Vigo para ver a iluminación navideña o día 2 de decembro, saída desde o Concello ás 11:00 horas. Prezo de 40 €, as persoas empadroadas terán unha subvención de 20 € polo que terían que pagar 20 €. Inclúe comida, transporte e guía. Máis información e inscrición ata o día 29 de novembro, tél. 981 7930 01.

 
VI CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Ábrese o prazo para participar no VI Concurso de postais de Nadal. O prazo de presentación de postais será do 6 ao 24 de novembro, no Concello de Irixoa de 9:00 a 14:00 horas, o por correo postal (xunto co formulario) a Concello de Irixoa, Pazo de Irixoa, 6, 15313, Irixoa. Haberá 3 categorías: de 3 a 5 anos. de 6 a 8 anos. de 9 a 12 anos. Haberá un premio de un vale regalo de 70 € en cada categoría. Máis información TEL. 981 793 001, www.irixoa.es.

Forumulario de solicitude participación

Bases VI Concurso de postais de Nadal

 
DÍA DA BICI 2023

O día 7 de outubro realizaremos o tradicional día da bici que consistirá nun percorrido por diferentes parroquias de Irixoa. A hora de saída será as 16h diante do concello. As inscricións estan abertas ata o 29 de setembro. Prazas limitadas, terán preferencia os empadroad@s. + inf no Concello ou no telf. 981 793 001

Folla de inscrición

Cartel

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor