Novas
UNIDADE MÓBIL DE DOAZÓN DE SANGUEO xoves, 30 de xaneiro a Unidade Móbil de Doazon de sangue estará no campo de servizos múltiples de Airavella (Irixoa- ao carón do cuartel da Garda Civil) de16:15 a 18:30 horas.
"Sobes ao autobús do teatro" obra "Nada se sabe"O Centro dramático Galego oferta ao Concello de Irixoa asistir a obra "Nada de sabe" cooprodución con Culturactiva producións
Día: 25 de xaneiro.
Hora de saída: 15:00 horas (estar ás 14:45 horas).
Lugar da saída: Pazo de Irixoa (ao carón do Concello).
Prezo: de balde (o concello asume o custe das entradas, 5 €.
Máis información e inscricións:
Tél: 981 793 001 (de 9:00 a 15:00 horas).
Mail: elisa.alonso@irixoa.es.
FESTA DE REISDía: 5 de xaneiro
Hora: a partir das 16:30 horas
>p> Polideportivo Municipal
Haberá inchables, obradoiros, chocolatada e a visita das súas Maxestades os Reis Magos de Oriente.
Actuación Sara EmberO día 27 de decembro Sara Ember realizará un concerto na BiblIoteca Municipal de Irixoa destinado a público familiar. Está actuación esta incluída no Convenio da Rede Cultural da Deputación da Coruña 2024.
As persoas interesadas en incribirse poderán facelo ata o día 23 de decembro, tel 981 793 001.
@culturadadeputaciondacoruna
Postais Gañadoras VII Concurso de postais de NadalO día 29 de novembro elexironse as postais gañadoras do VII Concurso de postais de Nadal, o xurado asignado elexiu gañadoras:
Categoría de 3 a 5 anos: Hugo Barallobre Pérez, 5 anos.
Categoría de 6 a 8 anos: Martín Díaz Golpe, 6 anos.
Categoría de 9 a 10 anos: Efrén Cabanas Sánchez, 10 anos.
Categoría de 11 a 13 anos: Martín Amenedo Carballeira, 11 anos.
Acta deliveracion do xurado
25N Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres25N Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres
O Concello de Irixoa súmase o movemento de repulsa contra as violencias exercidas contra as mulleres.
Este luns, 25 de Novembro ás 12 horas, levarase a cabo unha concentración no Concello onde os veciños e veciñas poderán demostrar o seu apoio e solidariedade ás vítimas así como o seu rexeitamento ante estes actos de violencia.
Nas dependencias de Servizos Sociais do Concello de Irixoa haberá unha pancarta onde todos e todas os participantes poidan deixar os seus mensaxes de apoio e rexeitamento dende o día 258 ao 30 de Novembro.
Entregarase material conmemorativo a todos/ as participantes.
CITAS PREVIAS SERVIZOS DE URBANISMO E CATASTROXa se pode solicitar cita previa preferentemente por vía telefónica (981 79 30 01) ou presencial para este novo sistema de consultas nos servizos de Urbanismo e Catastro que entrará en vigor o día 2-12-2024.
Servizo CATASTRO: todos os Mércores ademáis do 1º e 3º venres do mes Horario: de 10:00 a 13:00 horas.
Servizo URBANISMO: todos os Luns Horario: de 10:00 a 13:00 horas.
Bando citas
CAMPAMENTO DE NADAL 2024-2025O Concello de Irixoa dentro do Plan corresponsables "Irixoa Concilia" oferta un campamento de Nadal no que @s participantes poderán realizar manualidades, xogos, ver actuacións teatrais e musicais, etc.
Público destinatario: nenas e nenos de 3 a 14 anos.
Do 23 de decembro ata o 3 de xaneiro, dias laborables de luns a venres.
Horario de 9:30 a 14:00 horas.
Lugar de realización: Polideportivo e biblioteca municipal.
Prezo: 30 €, empadroad@s en Irixoa 50% de desconto.
Incricións ata o dia 12 de decembro.
Formulario de google: https://forms.gle/m6wjoMXPUZjX2vm26.
Sede electrónica Irixoa: Servizos Sociais:Inscrición en actividades de conciliación.
Máis información: tél. 981 793 001.
DÍA DA BICI 2024Como cada outubro volve o día da bici este ano o día 5 , no que realizaremos un percorrido por diferentes parroquias de Irixoa. A hora de saída será as 16h diante do concello. As inscricións estan abertas ata o 27 de setembro. Prazas limitadas, terán preferencia os empadroad@s. + inf no Concello ou no telf. 981 793 001
Folla de inscrición
ACTIVIDADES MUNICIPAIS CURSO 2024-2025Retomamos as actividades municipais para este curso. O prazo de inscrición estará aberto ata o 27 de setembro. Para a inscrición haberá que entregar unha solicitude da que se adxunta un modelo no rexistro xeral do concello. Mais información na casa do concello ou no tel. 981 793 001
Folla de inscrición
Tríptico
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23