Novas
Reunións "Encontro coas Familias" antigo Preescolar na casa"Encontro coas familias"
O vindeiro día 7 de outubro ás 11:30 horas realizaremos na Biblioteca Municipal de Irixoa a primeira reunión do programa "Encontro coas familias" (antigo preescolar na casa), realizado pola Fundación Antonio Gandoy e coa colaboración do Concello de Irixoa cedendo o espazo e financiando parte do custe da actividade.
Espazos das familias é un espazo de encontro semanal para pais e nais con crianzas menores de 3 anos para reflexionar e debatir sobre educación, e compartir tempos e espazos lúdicos coas/cos fillas/fillos. Máis información tel. 981 793 001.
Cartel informativo
PLAN DE EMERXENCIA ANTE A SECA: PARTICIPACIÓN CIDADÁInvitamos a colaborar na elaboración do PLAN MUNICIPAL DE EMERXENCIA E XESTIÓN DO RISCO DE SECA do Concello de Irixoa.
Este PLAN comprenderá as accións a desenvolver en caso de que se produzan situacións de escaseza de auga e a participación de todas as partes implicadas é importante para determinar as mellores solucións para cada escenario.
A seca é un fenómeno global que se produce cando a dispoñibilidade da auga é menor do habitual.
O obxecto do plan de seca é servir coma ferramenta que complemente a planificación estatal e autonómica na materia a unha escala de detalle centrada no termo municipal para que dende unha perspectiva de xestión preventiva se mellore o sistema de abastecemento, se determine a vulnerabilidade deste e se minimicen os efectos negativos que poidan producir os escenarios de seca, nun contexto de cambio climático.
O plan de seca servirá tamén para abordar aqueles aspectos da xestión ordinaria que servirán para anticipar as posibles continxencias cun traballo de prevención e adaptación en períodos de normalidade climática.
Co obxecto de ofrecer a posibilidade de consultar e aportar suxerencias para a redacción final deste plan, está previsto realizar uns talleres participativos destinados á poboación en xeral, asociacións, empresas e explotacións agrícolas e gandeiras que desenvolvan a sua actividade ou teñan residencia no termo municipal.
Se estás interesad@ na participación, envíanos un correo co teu nome e teléfono de contacto a correo@irixoa.es antes do 8 de outubro de 2021.
DÍA DA BICI 2021O día 9 de outubro teremos o Día da Bici no que faremos un percorrido por diferentes parroquias do Concello disfrutando do entorno e a compañia. A hora de saída será as 16h. diante da casa do Concello regresando sobre as 18h. aprox. Será obrigatorio o uso de casco e mascarilla. Seguirase a normativa vixente en relación o COVID-19. Inscricións no Concello ata o 1 de outubro.
Cartel Día da Bici
Ficha Inscrición adultos
Ficha Inscrición menores
ACTIVIDADES DE AVENTURAO día 25 de agosto iremos ao parque multiaventura "Eco parque Marín", nesta actividade faremos circuitos arbóreos-tirolina: circuitos suspendidos nas árbores, 2 de inciación e outros 4 con distinta dificultude e altura. Pola tarde iremos a praia. Haberá que levar roupa cómoda, toalla, bañador, crema solar, gorra. A actividade ten un prezo de 15 € e inclúe: transporte, circuitos arbóreos, comida, merenda. Saída ás 9:15 horas e chegada ás 21:00 horas aproximadamente.
O día 30 de agosto teremos a actividade de peinbol. Iremos pola maña, con saída ás 10:30 horas, a un campo de Taboada (Monfero). Chegaremos sobre ás 14:00 horas. Prezo 15 €.
Máis información e inscricións, tel. 981 793 001.
Cartel
Actividade "Faremos un cartel" co ilustrador Michel CasadoEsta actividade está subvencionada dentro do Programa da Xunta de Galicia "Ler conta Moito". Os nenos e nenas participantes no campamento urbano aprenderán como se deseña un cartel.
Luns 23 de agosto ás 12:00 horas na biblioteca Municipal. Soamente poderán participar nenos/as inscritos/as no campamento de verán.
Axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B e C á mocidade galega dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil O DOG de hoxe publica a Orde do 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B e C á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.
información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210813/AnuncioG0425-040821-0001_gl.html
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia
Bono Coidado 2021Bono Coidado 2021
A Consellería de Política Social convoca axudas económicas ás familias para a conciliación en situacións puntuais e períodos de vacacións escolares, producidas entre o 1 de xaneiro e o 14 de setembro de 2021, a través do programa Bono Coidado
Poderán ser obxecto destas axudas as seguintes actuacións dirixidas á atención de nenos e nenas de ata 12 anos e realizadas desde o 1 de xaneiro de 2021:
1º. Contratación laboral dunha persoa empregada do fogar de forma temporal para o coidado do/a neno/a
2º. Contratación de servizos de atención á infancia a domicilio.
3º. Asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social, en concreto, atención en ludotecas, espazos infantís ou servizos complementarios de atención á infancia previstos no Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia
.4º. Asistencia a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares
Ata o 30/09/2021
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica https://sede.xunta.gal
Os contos de Pablisimo presenta "Príncipas e princesos"Actuación que se realizará o día 3 de agosto no exterior do Polideportivo Municipal. Esta actuación está destinada aos nenos e as nenas que participan no Campamento de verán, aínda que se abre un prazo de inscrición ata completar aforo ata o día 2 de agosto, no tél. 981 793 001.
Actuación subvencionada no Programa Ler conta moito da Xunta de Galicia.
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22