Novas
CITA PREVIA POR INTERNETDende o día de hoxe contamos tamén coa posibilidade de pedir cita previa a través da Sede Electrónica do Concello.
As persoas interesadas poden acceder á Sede Electrónica e cumplimentar un pequeno formulario cos seus datos de contacto e o motivo da cita. Dende o Concello contactaremos para concretar a cita.
PEDIR CITA PREVIA
CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE TRACTORISTASNo Boletín Oficial da Provincia do 8 de maio sae publicada a convocatoria para a formación de listaxe de bolsa de contratación laboral temporal de tractoristas.
O prazo de presentación de instancias é dende o 11 ao 20 de maio de 2020 en horario de 9 a 14 se se fai de forma presencial no concello.
Previsión de contratación para 2020: 4 tractoristas en xornada de 30 horas semanais do 1 de xuño ao 31 de outubro de 2020.
A continuación publícanse as bases e a instancia de presentación de solicitudes.
Bases
Instancia
VISEIRAS DE SEGURIDADE PARA A LOITA CONTRA O COVID-19No día de onte, Enrique Muñoz Cantero, veterinario que traballa na nosa localidade e tamén voluntario na fabricacion de material sanitario mediante impresión 3D, fixo entrega ao alcalde Antonio Deibe de viseiras de seguridade para o persoal do Servizo de Axuda no Fogar, dentro do programa de loita contra o COVID-19. GRAZAS, ENRIQUE, POLA TUA APORTACIÓN!
Reorganización dos servizos municipais como consecuencia da ampliación do estado de alarmaAos efectos do disposto no Real Decreto-lei 10/2020, do 29 de marzo, considéranse esenciais as seguintes actividades do Concello de Irixoa:
1. Servizo de Axuda no Fogar.
2. Atención a discapacitados, dependentes e vítimas da violencia de xénero.
3. Atención telefónica na casa do concello, para os asuntos urxentes e coordinación xeral dos servizose tramitación administrativa.
4. Alcaldía.
5. Transporte social.
6. Servizos de abastecemento e saneamento de auga.
7. Servizo de recollida de lixo.
8. Calquera outro similar aos recollidos no propio Real Decreto-lei.
As oficinas da casa do concello permanecerán pechadas para o público.
Para a realización de trámites extremadamente urxentes e inaprazables haberá que pedir cita no teléfono principal do concello 981 79 30 01, petición que será valorada polo persoal municipal; unha vez valorada a petición,comunicarase a admisión á persoa interesada, quen poderá ingresar na casa do concello, adoptando as medidas preventivas recomendadas, de xeito individual (ou con acompañante en caso de necesidade),aos efectos de realizar a xestión administrativa oportuna.
O persoal municipal organizará o seu traballo por quendas e, no ámbito do posible, mediante o teletraballo na súa casa.
Nas oficinas xerais municipais permanecerán 1 persoa durante o horario especial de 9:30 a 13:30, atendendo ao seu traballo, teléfono e xestionar as tarefas inaprazables encomendadas e trámites urxentes.
As quendas serán rotatorias durante o tempo que dure o estado de alarma agravado.
Mantense o transporte social unicamente para enfermos que necesiten atención médica, de enfermería ou farmacéutica que non poida aprazarse, cun máximo de 3 persoas por viaxe, a parte do condutor. Os usuarios unicamente poderán asistir ás consultas sanitarias ou dispensacións farmacéuticas imprescindibles, non para outras xestións.
O condutor municipal queda facultado para realizar os controis oportunos para garantir o cumprimento desta medida restritiva.
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42