Novas
ACTIVIDADES MUNICIPAIS CURSO 2018-2019Está aberto o prazo para inscribirse nas actividades que o Concello de Irixoa oferta para o curso 2018-2019.
Nas actividades deportivas e extraescolares o prazo estará aberto ata o día 28 de setembro, e comezarán o día 1 de outubro. Para outras actividade como "Facendo memoria" ou "Campionato de Tute" que oferta o departamento de Servizos sociais consultar no tríptico. Para a inscrición haberá que entregar unha solicitude, da que se xunta un modelo, no rexistro xeral. Máis información na Casa do Concello ou no tel. 981 793 001.
Tríptico actividades municipais
Folla de Inscrición cursos adultos
Folla de Inscrición cursos menores
VI RUTA CABALARVI Ruta Cabalar no Monte de San Antón o día 15 de agosto. Saída 10:30 horas, chegada 14:00 horas. Xantar: Polbo, churrasco, pan, postre e café 20 €. Máis información e insciricións ata o día 11 de agosto nas Oficinas Municipais ou no tel. 981 793 001.
POOL PARTY!O vindeiro día 17 de agosto na piscina de Monfero haberá unha festa para rapaces e rapazas de 12 a 20 anos. Música con DJ, láser show, espectáculo de luces, pulseiras luminosas… e ¡moitos premios!. Achégate cos teus amigos e disfruta dunha noite diferente de 20:30 a 23:00 ¡Coctelería sen alcol! . Non te esquezas o roupa de baño e gorro de piscina!
Cartel Festa na piscina
CAMPAÑA CRUZ VERMELLA: VOLTA AO COLE SOLIDARIOSe crees que necesitas material escolar para algún menor, ponte en contacto co departamento de Servizos Sociais do Concello de Irixoa antes do 5 de agosto de 2018. O horario é de luns a venres de 9 a 14 horas. Teléfono: 981793001
PROCESO SELECTIVO EDUCADOR/A SOCIAL: VALORACIÓN DEFINITIVAUnha vez transcurrido o periodo para a presentación de reclamacións da valoración provisional de méritos no proceso de selección de 1 praza de educador/a social, o tribunal calificador pasou a analizar as reclamacións presentadas e publica a valoración definitiva de méritos así como a proposta da persoa seleccionada para a sua contratación.
Valoración definitiva
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37