Novas

Tarxeta Benvida

Tarxeta Benvida

No DOG do 20 de Xaneiro de 2020 publícase a Orde pola se establecen as bases polas que se rexerá a convocatoria e concesión da tarxeta Benvida; axuda económica destinada a familias con fillos e fillas nados, adoptados/as ou en situación de garda con fins adoptivos no ano 2020. Máis información: Departamento de Servizos Sociais no Concello de Irixoa (planta baixa) ou no teléfono: 981 793 001.

 
Prestación económica de pago único para fillos e fillas menores de tres anos

Prestación económica de pago único para fillos e fillas menores de tres anos

O 20 de Xaneiro de 2020 publícase no DOG a Orde pola que se establecen as bases que rexerán a convocatoria e concesión da prestación económica de pagamento único por nacemento de fillas e fillos menores de tres anos. Máis información: Departamento de Servizos Sociais do Concello de Irixoa (planta baixa) ou no teléfono: 981 793 001

 
DOAZON DE SANGUE

O vindeiro día 13 de xaneiro de 16:00 a 21:00 horas unha Unidade móbil de doazon de sangue estará ao caron do cuartel da Garda civil (campo de servizos múltiples lugar de Airavella).

Máis información

 
Termalismo social IMSERSO 2020

Abrese o prazo para participar no proceso de adxudicacion de prazas para Termalismo Soical IMSERSO. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto ata o día 10 de xaneiro, e para as quendas de setembro a decembro ata o 15 de maio. Máis información no Departamento de Servizos Socias do Concello, tel. 981 793 001

Termalismo IMSERSO

 
Prazas vacantes actividade de Cestería

Prazas vacantes actividade de Cestería

Novo comezo da actividade de Cestería o día 21 de Xaneiro. Grupo de mañá e tarde. Prazas vacantes. Otorgaranse as prazas por orde de inscrición. Apertura do prazo o día 7 de Xaneiro. Máis información e inscrición no Concello ou no teléfono 981 793 001.

Cartel actividade de Cestería

 
ORDE DO DÍA DO PLENO EXTRAORDINARIO DO 13/12/2019

1. Aprobación da acta anterior do 18-10-2019

2. Plan provincial de obras e servizos de competencia municipal POS+ 2020

3. Aprobación inicial regulamento do programa Xantar na casa

4. Dedicación dos corporativos do concello

5. Orzamento municipal 2020: estado de ingresos e gastos, persoal e bases de execución

6. Expediente de expropiación terreos para execución proxecto Ensanche e mellora camiño público Arufe – Churío

7. Regularización catastral do viario municipal no entorno da parcela 1500300NH79B0001LJ en Lousada (Verís): Conformidade de María José Pérez Ares

8. Coñecemento de resolución da alcaldía dos meses de outubro e novembro

9. Rogos

10. Preguntas

 
Diplomas da actividade "Uso da Medicación e Primeiros Auxilios"

Diplomas da actividade "Uso da medicación de Primerios Auxilios"

Xa está a disposición de todos/as participantes o diploma acreditativo da actividade formativa desenvolta polo ACIS : "Uso da Medicación e Primeiros Auxilios", en colaboración co Concello de Irixoa. Todas as persoas participantes poden pasar a recoller o seu diploma no Departamento de Servicios Sociais do Concello de Irixoa. Máis información no teléfono: 981 793 001.

 
Actividades de Nadal 2019-2020

O Concello organiza para este Nadal as seguintes actividades: Patinaxe sobre xeo o día 27 de decembro, destinado a rapaces e rapazas de 5 a 18 anos, con saída ás 10:00 horas de diante do concello, inscricións ata o día 20 de decembro. Saída a Silleda Park o día 3 de xaneiro, destinado a público familiar, saída as 14:30 horas de diante do Concello, inscricóns ata o día 27 de decembro. Festa de Reis o día 5 de xaneiro no polideportivo Municipal de 14:30 a 20:30 horas, con inchables, chocolates, roscón, obradoiros e visita dos Reis Magos. Máis información e inscricións no Concello ou no tel. 981 793 001.

Cartel patinaxe sobre xeo

Cartel Silleda Park

Festa Reis

Ficha inscricion

Ficha inscricion menores

 
TORNEO NADAL FÚTBOL SALA

Os días 26-27-28 de Decembro organizaremos o tradicional Torneo de Nadal de Fútbol Sala. A inscrición esta aberta ata o 20 de Decembro. A inscrición pode facerse ou no Concello de Irixoa no horario de 09h a 14h telf. 981 793 001 ou no Polideportivo do Xestal telf. 981 793 213.

Cartel Informativo

 
Actos de concentración 25N

Actos de concentración 25N

Hoxe a poboación de Irixoa reuniuse para mostrar a súa repulsa aos actos de violencia machista cometidos neste ano e o seu apoio incondicional ás víctimas e familiares. Aquí tedes o extracto do manifesto lido polo noso Alcalde e diversas fotografías do apoio cidadán a dita causa. "Hoxe nos reunimos para transmitir a nosa solidariedade e o noso compromiso coa loita contra a Violencia de Xénero. Non é un día de festa, senón de recordo desta violencia que leva segado xa no que vai de ano máis de 50 vidas. Destrozando familias e veciñanzas ao seu paso. Somos conscientes da lacra que supón para a nosa comunidade estas mortes o e o seu motivo. Queremos que dende Irixoa se sinta o noso apoio ás víctimas e ás familias, que ninguén, de dentro ou de fóra deste Concello se sinta desamparada, que poida contar co noso compromiso e co noso apoio. Agradezo a vosa participación nesta iniciativa hacia o compromiso polo fomento da igualdade, deixando claro que dende este Concello manifestamos un NON ROTUNDO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA e demáis actos que perxudiquen a convivencia da nosa xente. Unha vez máis agradezo o voso apoio e a vosa participación nestes actos conmemorativos. Esperemos que chegue o día onde non sexa necesario reunirnos por esta causa pero mentres, ESTAREMOS AQUÍ, SEMPRE APOIANDO ÁS VÍCTIMAS. Moitas grazas”

Máis fotos

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25   26   27   28   29   30   31   32   33   34   35   36   37   38   39   40   41   42   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor