Novas
RUTA "COÑECE IRIXOA" POR CELAA proxima ruta para coñecer Irixoa será o día 15 de setembro por Cela. Saída ás 10:00 horas da Capela de Cela. As personas participantes terán que levar a súa comida e bebida. Durante as rutas coñeceremos o patrimonio arqueolóxico de Irixoa. Será una ruta circular e terá unha duración de aprox. 4 h.
Prazo de inscrición ata a semana anterior á ruta. Máis información e inscricións Tel. 981 79 30 01.
Cartel
VII RUTA CABALARVII Ruta Cabalar que se realizará no Chao da VIña con horario de saída ás 10:30 horas e chegada aproximadamente ás 14:00 horas para xantar. As persoas interesadas terán que anotarse antes do día 11 de agosto no Concello, tel. 981 79 30 01, tamén poderán comprar os tiquets da comida consistente en polbo, churrasco, pan, viño, café e postre con un coste de 20 €.
ORDE DO DÍA DO PLENO EXTRAORDINARIO DO 29/07/20191. Aprobación da acta da sesión anterior do 21-06-2019
2. 2ª fase do POS+ ADICIONAL 1/2019 por maior achega provincial
3. Aprobación definitiva desafectación de tramo de camino en Cabana (Verís): José Mª Sanjurjo Ares
4. Modificación da ordenanza fiscal nº 2 do imposto sobre vehículos de tracción mecánica
5. Modificación da ordenanza fiscal nº 11 da taxa de saneamento de auga
6. Festivos locais 2020
7. Conta xeral exercicio 2018
8. Declaración de dominio público de tramo de camiño en Lousada (Verís) que figura como privado no catastro
9. Coñecemento da resolución da alcaldía de solicitude Plan Concertado de Servizos Sociais 2019
10. Coñecemento de resolución da alcaldía ditadas no mes de xuño de 2019
CAMPUS FÚTBOLDentro das actividades do verán este ano temos o I Campus de fútbol para nen@s de 6 a 14 anos que será do 5 o 9 de Agosto, En horario de 10 a 14h. No que faremos fútbol e moito máis. O prazo para inscribirse remata o 1 de Agosto
Cartel Informativo
ACTIVIDADES DE VERÁN 2019O Concello de Irixoa realizará diversas actividades para todos os públicos durante o verán. Ofertamos actividades como Aquapark ou senderismo, e actuacións na Biblioteca Municipal e un curso de inciación á informática. Máis información e inscicións no Concello de Irixoa, tel. 981 793 001.
Cartel actividades
Actividade: Inicio á Informática Actividade de ocio destinada a persoas que queiran ter o seu primeiro acercamento o mundo da informática. Terá lugar os días 18 de xullo e 22 de Agosto, en horario de 10.00 a 11.30 horas na Biblioteca Municipal.De balde. Inscrición previa no Concello de Irixoa ou no teléfono: 981 793 001.
Cartel Inicio á Informática
CAMPAMENTO DE VERÁN 2019Do 1 de xullo ao 31 de agosto, de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas, realizaremos un campamento no Polideportivo Municicpal. O campamento está destinado a nenos e nenas de 3 a 14 anos. Ten un prezo de 20 € por quincena, e os nenos e nenas empadroados/as terán unha subvención dun 50%. Tamén haberá un desconto dun 10% para familias monoparentais, que teñan un so membro traballando ou si se anotan 2 ou máis irmáns.
Cartel campamento
ORDE DO DÍA DO PLENO EXTRAORDINARIO ORGANIZATIVO DO 21/06/20191. Aprobación da acta da sesión anterior do 15-06-2019
2. Coñecemento sobre constitución de grupos municipais
3. Existencia da Xunta de goberno local
4. Periodicidade de sesión do Pleno e da Xunta de goberno local
5. Creación e composición das comisión informativas
6. Delegación de competencias do Pleno na Xunta de goberno local
7. Coñecemento de resolución da alcaldía sobre nomeamentos da súa competencia e delegación de competencias na Xunta de goberno
8. Coñecemento das resolución da alcaldía do mes de maio 2019
LUMEIRADAS DE SAN XOAN E SAN PEDROEstá aberto o prazo para comunicar a celebración de fogueiras para a noite do 23 de xuño (San Xoan) ou para a noite do 28 de xuño (San Pedro).
As persoas interesadas deberán de cumplimentar e asinar unha declaración responsable no modelo facilitado polo concello, xunto cunha copia do DNI e un plano catastral no que se marcará a situación exacta da fogueira.
A presentación da declaración responsable farase no Rexistros xeral do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.
Tamén poderá presentarse a través da sede electrónica utilizando o Trámite de Solicitude Xeral e anexando o modelo de declaración responsable cumplimentado.
A sede electrónica está en funcionamento as 24 horas do día.
Declaración responsable
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46