Novas

EXCURSIÓN A CACABELOS

O día 22 de setembro faremos unha excursión a Cacabelos con visita ás instalacións do Palacio de Canedo, comida no restaurante e visita a Cacabelos.

Día: 22 de setembro

Saída: 8:15 horas

Prezo: 46 €

Empadroad@s en Irixoa 23 € (50% de subvención).

Menú: Embutidos, pementos asados, empanada, botillo con repolo, postre, viño e augas (os refrescos e cervezas correrán por conta de cada un)

Máis información tél. 981 793 001.

Inscricións: nas oficinas municipais ata o día 16 de setembro.

 
GALICIA SABE AMAR

GALICIA SABE AMAR é unha campaña da Xunta de Galicia que nace no verán de 2021 para animar á cidadanía a través da retranca galega e os dobres sentidos a consumir a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en vaor o labor dos profesionais da pesca e do mariqueo. Neste 2024 a iniciativa volve á estrada de novo a través de catro foodtrucks que levarán o sabor das nosas rías a toda Galicia. En cada parada no camiño, os visitantes poderán degustar algún dos petiscos pensados para a campaña e realizados a base de produtos certificados do mar e da terra. O venres día 6 de setembro, unha das foodtrucks estará no concello de Irixoa no seguinte emprazamento: Feira da Viña en horario de de 10:00 a 16:00 horas.

Cartel

 
Obra de teatro: de Vilatriste a Vilalegre.

Obra de teatro: de Vilatriste a Vilalegre

Este venres 30 de Agosto ás 12 horas os nenos e as nenas que participan no campamento municipal poderán desfrutar da obra de teatro " De Vilatriste a Vilalegre" ofrecido polo Centro Dramático Galego en coprodución con Teatro ó Cubo. Destinatarios: participantes do campamentos e familiares acompañantes que o desexen.

 
Actividades verán 2024

Este verán 2024 o Departamento de Cultura do Concello de Irixoa organiza as seguintes actividades:

- Aquapark de Cerceda o día 11 de xullo.

Saída ás 11:00 horas

Chegada ás 21:00 horas aprox.

Prezo: 20 €

- Cars o día 19 de xullo

Saída ás 9:00 horas

Chegada ás 21:00 horas

(pola tarde praia)

Prezo: 40 €

- Multiaventura o día 2 de agosto

Saída 9:00 horas

Chegada: 21:00 horas

(pola tarde praia)

Prezo 35 €

- Peinbol o día 12 de agosto

Saída: 11:00 horas

Chegada: 14:00 horas

Prezo 26 €

- Ruta Ollo do sapo o día 8 de setembro

(horario por determinar)

Prezo 12 €

Persoas empadroadas 50% de desconto

10 % desconto por anotarse a máis dunha actividade

Os/as menores de 8 anos deberán ir acompañados/as dunha persoa adulta

Inscrición ata 3 días antes da actividade

Máis información tel. 981 793 001

Inscrición adultos/as

Inscrición menores

 
CAMPAMENTO DE VERÁN 2024

O concello de Irixoa, dentro do Plan corresponsables: Irixoa Concilia, subvencionado pola Consellería de Política Social e Igualdade oferta un campamento de verán que se desenvolverá no Polideportivo Municipal.

Este campamento está destinado a nenos e nenas de 3 e 14 anos, ten un horario de luns a venres de 9:30 a 14:00 horas, e se realizará desde o día 1 de xullo ao 30 de agosto en tres quendas.

A preinscrición estará aberta desde o día 1 ao día 10 de xuño de 2024, cubrindo o formulario de google https://forms.gle/ys2L9dPs487SNnvi9.

Máis información tél 981 793 001.

 
Excursión a Baiona, Monte de Santa Trega e A Guarda

Día: 16 de xuño

Itinerario:

Saída 8:30 horas Concello de Irixoa.

Parada nun área de servizo.

Visita a Baiona.

Comida en Baiona, restaurante La Cúpula.

Visita ao Monte de Santa Trega: o concello aboa a taxa de acceso, inclúe a visita ao Museo Masat.

Visita a Guarda.

A excursión ten un prezo de 40 €, as persoas empadroadas en Irixoa terán unha subvención de 20 €.

Prazo de inscrición ata o día 7 de xuño.

Preferencia para as persoas empadroadas.

Máis información e inscricións: tél. 981 793 001.

 
Taller Manexo da dor crónica

Taller manexo da dor crónica

O día 13 de xuño ás 16 horas celebrarase na Biblioteca Municipal de Irixoa o taller de Manexo da dor Crónica, destinado a proporcionar habilidades e coñecementos para mellorar a calidade de vida de pacientes con dor crónica e aos seus familiares . Actividade celebrada en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns. De balde. Necesaria inscrición previa no teléfono 981793001 ou nos Servizos Sociais Municipais.

cartel Manexo da dor Crónica

 
CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación da Coruña organiza como cada ano un Campamento de Verán para nen@s de entre 9 e 14 anos. Este campamento ten a súa sede no IES Rosalia Mera na Coruña. O Concello de Irixoa ten asignadas 3 prazas para a segunda quenda que é do 30 de xuño ao 5 de xullo. A actividade ten un custo de 85€. Inscripcións abertas ata o 28 de maio no Concello.

Cartel

Folla de inscrición

 
EXPOSICIÓN PÚBLICA DO INVENTARIO DE CAMIÑOS MUNICIPAIS (CHURÍO, CORUXOU E VERÍS)

O Concello de Irixoa ten aprobado o inventario de vías e camiños municipais nas parroquias de Churío, Coruxou e Verís. Para que este documento se adapte o máximo á realidade da rede viaria municipal é preciso unha especial colaboración cidadá para detectar e corrixir posibles erros.

O concello establece unha exposición publica do inventario polo prazo de 2 meses, que se inciciou o día 27/03/2024 e remata o 27/05/2024, neste prazo o inventario pode ser consultado nas oficinas municipais do Concello de Irixoa de 9:00 a 14:00 horas.

A empresa Gabinete CARTOTEC, redactora do inventario, realizará unha sesión de presentación o día 17 de abril no salón de sesións do Concello, ás 13:00 horas, destinada á veciñanza e persoas propietarias das parroquias de Churío, Coruxou e Verís,

 
SUBVENCIÓN DEPUTACIÓN DA CORUÑA. PROGRAMA FOIC/2023

O 3 de abril de 2024 a empresa STELLANTIS & YOU ESPAÑA S.A., entregou ao Concello de Irixoa un vehículo para o desprazamento do persoal de Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

Trátase dun Citroën Berlingo, adxudicado en licitación pública á citada empresa, que está subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña, dentro do programa de vehículos para desprazamentos do persoal SAF (BOP 05/01/2023).

Orzamento de adxudicación: 21.622,89 €

Subvención Deputación: 20.000,00 €

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25   26   27   28   29   30   31   32   33   34   35   36   37   38   39   40   41   42   43   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor